unha boa elección en monção

O restaurante Sabores resultou unha boa elección no noso último paso por Monção. Coqueto, interesante, menú variado e diferente, boa carta de viños e a un prezo máis que razoable.

Portugal-Monção-Sabores

En efecto, agora, polas cidades fronteirizas, ‘pásase’ (no mellor dos casos).
A globalización das autoestradas lévanos máis ao sur, ás grandes vilas, ás grandes cidades… aos grandes centros comerciais.
Mentres, Valença, Monção, Melgaço… sobreviven á perda do mercado de espanholinhos de fraldas para limpar vidros e toalhas ao quilo.

Restaurante

O restaurante Sabores está estratexicamente localizado para captar galegos que pasamos pola ponte entre Salvaterra e Monção coas vistas postas nas novas zonas comerciais, no casco vello ou noutros horizontes máis lonxanos.
A realidade é que un sábado ás 2.30 estaba practicamente cheo e apenas se escoitaban voces disonantes do portugués.
Os motivos, varios.
A estética corresponde aos restaurantes modernos, de categoría, dos anos sesenta en Portugal. Edificios creados de xeito racional para ser utilizados coma o que son: restaurantes. Todo un lateral acristalado, moita pedra, moita madeira, pouco adorno pero pensado e colocado con criterio, mobles deseñados para o lugar e a ocasión, luz, amplitude, serenidade, bo gusto, comodidade, confort.
E por suposto a cociña. De cualidade. De fortes raíces miñotas, pero sen dar as costas á modernidade.
Cada día suxerencias do chef a prezos especiais. Hoxe: Pastel de lampreia (bocado tipo pastel de nata, 1,5€), Badejo chapa aromatizado com mexilhão e algas (com arroz negro, 12€) e o Cabrito no forno (com batata asada, 12,5€).

Na carta entrantes como as saladas (de queijo fresco e salmão com creme de soja, 6,5€; de cogumelos e presunto com creme balsâmico, 6,5€), os Profiteroles de atum com molho de queijo, 5€ ou o salmão marinado com redução de moscatel e laranja, (6€).
Os sabores do mar: bacalhau com crosta de broa e grelos, batatas e sultanas (13€), o Atum vermelho com cebola roxa e salteado de legumes (12€), o Polvo na brasa com batata salteada e grelos (16€), etc.
E os sabores da terra: Naco na pedra com flor de sal, batata frita e ananas (13,5€), o Lombo de novilho com molho de café ou quiejo e com couscous de legumes (14€), o Frango recheado com alheira e esmagado de batatas e legumes (11€), etc.

DSC00261

Nós quixemos tirar polo máis tradicional e comezamos polo caldo verde. Exquisito. Haberá quen di que un caldo verde faino calquera, que sempre está bo… pero, efectivamente, hai que facelo e dar a talla.

DSC00266 DSC00269

De segundo, a suxerencia do día: o cabrito no forno. Un cabritiño moi pequeno (xulgade polo tamaño da perna), moi ben asado, cunha boa dose de hebas aromáticas pero que non roubaban sabor, as súas pataquiñas asadas e os grelos salteados. Mágoa que, de tan pequeno, había un par de anacos que recibiron exceso de lume e estaban algo secos. O resto, para repetir.

DSC00275 DSC00276

De sobremesas (a maioría entre os 3 e os 4€), un xelado de tanjerina e o Queijo da serra com compota de kiwi.

Para beber, auga e un Lilás by Carlos Lucas, Douro 2014, viño moito máis que digno para acompañar o cabrito e por un prezo en restaurante de 8€.
En total foron 24€ por cabeza que valoramos como barato e anuncian a este Sabores coma unha oferta moi recomendable en Monção.

Sabores
Lodeira-Cortes
4950-850 Monção
960148977/251648888
GPS: 42.07672N,  08.49337O
Facebook
Cociña: Tradicional con toques actuais
Prezo: 20-30€


Translate »