un grande de españa

Pepe

Hoxe, como onte, o título debe levar a confusión.
Malia o que puidese parecer o de grande de España non vai polo benquerido Pepe. Porque si, trátase del, disfrazado de Pepesol, unha suma del mesmo e o tamén xenial e bondadoso profesor Tournesol.
Mais non. Por moito que para min o sexa -aínda que máis nos gustaría ao dous o de grande de Galicia-, son dos que non gosto de facer comungar aos demais coas miñas rodas de muíño.

San Pepe en Alborada 4  San Pepe en Alborada 11

O caso é que hoxe inauguramos nova colaboración: Pepe nos manda datos, fotos e impresións dunha experiencia gastronómica e eu limítome a transmitírvolas no blog.
E para empezar facémolo cun grande de España. Pepe e Merce veñen de pasar uns marabillosos días en Asturias e abren esta colaboración coa súa visita a Casa Gerardo.

San Pepe en Alborada 7p

Pepe é de fiar. Gastronomicamente nacemos, medramos e fixémonos xuntos. Tamén noutros moitos aspectos (como profes, como fotógrafos, como catadores, como lectores, como en case todo…, como amigos) pero isto, hoxe, non vén a conto.
Pepe é o meu alter ego, o meu outro eu, quizá, a estas alturas, unha parte de min mesmo, así que todo aquilo que veña asinado por el eu ratifícoo cos ollos pechados, coma se fose escrito por min mesmo.
E así debedes interpretalo vosoutros tamén.

Aí vai.

pepesolCasa Gerardo – Prendes (Gijón) 23 de xullo de 2011. Por Pepe Fernández

Levaba tempo con ganas de volver a Asturias e dende que inauguraran o centro Niemeyer en Avilés moito máis; así que aproveitamos uns días que nos deixaron libres e fomos visitar o “Y” asturiano, léase Oviedo-Gijón-Avilés.

CG_15  CG4

Á parte da degustación dalgunhas sidrinas da típica rúa Gascona de Oviedo e dos patés, sobre todo os de cabracho e oricios, decidímonos por visitar Casa Gerardo (carretera AS-19 – km 9 – Prendes – Asturias – N 43º33’20.45’’ W 5º45’53.97’’); cociña creativa, de autor sen esquecer os pratos tradicionais (data de 1882)…

(Dada a altura do menú, deixámolo aí, cun chisco de suspense, para unha nova entrega. Seguro que pagará a pena).

Posted in retrincos and tagged , , , .