un brunch, parisino, en porto

O charme e a tradição parisiense numa das mais belas e cativantes cidades de Portugal. O melhor de dois mundos a traves dum sonho realizado… Bem vindos ao Brunch Parisien!

Le Brunch Parisien 01

A auto-presentación, no Facebook, define ás claras á esencia de Le Brunch Parisien.
Ubicado na rúa Santa Catarina, en Porto, trátase dun local moi agradable para unha parada informal nas nosas visitas á Invicta. Pode ser para un café ou té con especialidades francesas (croissants, pain au chocolate, tartines, panquecas, tarte tatin, chaux St. Germain, etc.), para un refrixerio, para as especialidades diarias … ou, coma no noso caso, para o brunch dos domingos.

Le Brunch Parisien 03

O local é fermoso e cómodo, acolledor, moi alegre; con mesas na propia rúa Santa Catarina e un xardinciño na parte posterior.
Evidente estilo francés na decoración e nos aires dunhas empregadas que destacan pola súa amabilidade.
Descubrímolo grazas ao noso mellor proveedor das novas que se moven pola cidade de Porto, o blog OPortoCool.

Brunch: disque de mesturar breakfast e lunch e que dá como resultado un pequeno amorço tardío e potente ou unha comida madrugadora, especialmente en días de lecer (e resaca). Nace nas grandes casas inglesas nas que o domingo era o día de descanso do servizo e, antes de marchar, deixaban preparada unha ‘comida fría’ para os señores. De Inglaterra saltou a Estados Unidos e de alí ás cidades máis cosmopolitas do mundo nas que se converteu en tendencia.
Porto, como cidade moderna que é, ten unha enorme oferta de brunchs en sábado e/ou domingo e a nós é unha modalidade de comida que nos agrada especialmente.

Le Brunch Parisien 08Le Brunch Parisien 05Le Brunch Parisien 06Le Brunch Parisien 07

No caso concreto do bufet deste brunch Parisien podemos comezar cunha sopa do día (hoxe sopa xuliana), e seguir por tres variedades diferentes de ensaladas, pola táboa de embutidos, pola selección de queixos, polas dúas quiches, polos bocadiños de follado recheado ou as magdalenas de legume, pola tortilla de cogumelos, polo salmón, polo ovo cocido ou revolto, polo touciño frito…

Le Brunch Parisien 18Le Brunch Parisien 17Le Brunch Parisien 19Le Brunch Parisien 20Le Brunch Parisien 21Le Brunch Parisien 22Le Brunch Parisien 23Le Brunch Parisien 24Le Brunch Parisien 25Le Brunch Parisien 26

Todo iso antes de pasar a froita (laminada ou en macedonia) e á variada selección de bolería e doces que podedes admirar nas fotos.
A bebida é limonada ou auga e café.

Le Brunch Parisien 11Le Brunch Parisien 12
Comecei pola sopa e un prato de embutidos e queixos

Le Brunch Parisien 13Le Brunch Parisien 14
Os salgados, follados, salmón…, e a ensalada de atún

Le Brunch Parisien 15Le Brunch Parisien 16
Os ovos revoltos con beicon e a selección de queixos

Le Brunch Parisien 27Le Brunch Parisien 28
A salada de frutas e a miña selección de doces

Podes comer de todos os pratos que desexes e repetir tantas veces como se che antolle; a calidade media dos produtos é bastante máis que aceptable, e a elaboración boa.
Con todo o anterior, e a un prezo de 17€ persoa, paréceme unha opción moito máis que recomendable para unha comida de domingo en Porto (entre 11 e 17 horas).
En breve haberá que probalo con outras alternativas.

Le Brunch Parisien
Rua de Santa Catarina 557
4400-446 Porto
222 080 918
GPS: 41.151403N  8.605268O
Facebook
Comida: informal, francesa
Prezo: 11 – 17€

Etiquetado en: , ,

Translate »