uma refeiçao rápida

Unha nota breve para unha comida rápida. Café bar Delicias do Minho, na Valença moderna. Apenas menú do día, pero moi recomendable. Sopa, carne ou peixe, bebida e café: 7€.

Cafe Bar Delicias do Minho 13

Fomos, camiño de Curia, por recomendación de Luis.
Luis dá clase en Tui e ultimamente é o noso informador do que se move en Valença. Por el, e con el, fomos a Fatum, hoxe estamos aquí e, en breve, probaremos unha casa de comidas nas proximidades da estación.

Ao café Delicias do Minho non lle pidas o que non é; non vai máis alá da estética e servizos dun bar; cómodo, limpo, moderno, agradable, persoal atento…, pero un bar.
Ofrece o menú do día que apuntabamos arriba: unha sopa, un prato de peixe ou carne, a bebida e o café; ademais, optativa, a sobremesa por un euro máis.
Por riba do anterior, dous menús especiais; igual que o menú do día pero co prato principal programado: con Bacalhau à Delicias (11.80€) ou con Bife á Delicias (12.90€).

Cafe Bar Delicias do Minho 02

A sopa, a típica crema de legumes; quentiña e substanciosa, para arranxar o corpo.

Cafe Bar Delicias do Minho 06   Cafe Bar Delicias do Minho 07

De prato, a elixir entre peixe (unha robaliza de ración grellada) e carne (costela de porco). Os dous optamos pola costela e xa vedes en que consistía: a carne moi adobadiña, a cabalo entre grellada e asada coa cebola do adobo no forno, e acompañada de arroz, ensalada, laranxas e uvas, e unhas pataquiñas do forno extraordinarias. Prato moi, moi tradicional, como feito na casa, ben cociñado e presentado…, en fin, un magnífico menú do día.

Café Bar Delicias do Minho
Avda Miguel Dantas
4930-590 Valença do Minho
351 251 818 227
GPS: 42.024228N, 64.1189O
Cociña: Tradicional
Prezo: 7€, 12€, 13€


Translate »