um brunch de cinco estrelas

Hai uns meses, alá por febreiro, falabamos da moda dos brunch na cidade de Porto (Un brunch no Porto).  Días despois comentabamos o noso feliz paso polo brunch da Taberna do Bonjardim
Hoxe quixemos ir un pouco máis alá e probar o que pasa por ser un dos máis selectos brunch da capital do Douro, o Sunday Brunch do Porto Palácio Hotel.

Brunch Porto Palacio 01

O Porto Palácio é un clásico da Avenida de Boavista. Un cinco estrelas máis que merecidas se atendemos á súa oferta gastronómica.
Seguindo as tendencias máis actuais, o Porto Palácio capitanea a tendencia a ofertar restauración de calidade nos establecementos hoteleiros da Invicta; en concreto conta con cinco espazos que cobren un amplo abano de sabores e experiencias.

salsa&loureirogoshoportobeerBrunch Porto Palacio 06

O Bar Nautilus ofrece diariamente, de segunda a sexta, un buffet de produtos seleccionados para a comida do día a día.
O Restaurante Cervejaria Portobeer responde ao concepto de ‘comer en Porto’, no que son as clásicas ‘cervejarias’, cunha ambientación actual moi coidada e prezos que tamén responden á filosofía ‘cervejaria’.
O Góshò logrou un posto destacado na oferta xaponesa e de fusión na cidade de Porto (por certo, moi ampla e de calidade). Prezos equilibrados.
O Salsa&Loureiro é o buque insignia da oferta gastronómica do Porto Palácio. Baixo a dirección do mediático chef Helio Loureiro, e nun espazo decorado por Paulo Lobo, a oferta baséase na tradición culinaria portuguesa de cualidade, actualizada pola man de Helio Loureiro.

portopalaciohotel Brunch Porto Palacio 00

E, por fin, está o Vip Lounge, no piso superior do hotel (19 alturas), un bar de todo momento que os domingos ao mediodía se transforma para acoller este espectacular brunch.
O espazo é acolledor, moi luminoso, cunhas vistas inmensas sobre toda a cidade.
A oferta responde máis ao concepto clásico de buffet (moi popular en Portugal) que á modernidade do ‘brunch‘.
É que, despois de todo, en que consiste en realidade isto do brunch?
Non será unha invención do marketing para atraer incautos a un modelo que sempre ten existido e que había que revitalizar?

Brunch Porto Palacio 09Brunch Porto Palacio

A oferta do buffete é ampla e de calidade a un prezo pechado de 30€ persoa (rapaces ata os 4 anos non pagan, e ata os 12 o 50%); a bebida consiste nunha copa de benvida (espumante ou zume de laranxa), auga e o café.
Calquera exceso hai que pagalo.
Pido unha copa de Post Scriptum 2010, un tinto do Douro, de Chryseia, altamente recomendable, pero non hoxe. Moito coidado cos prezos dos viños.

Brunch Porto Palacio 15
Brunch Porto Palacio 16Brunch Porto Palacio 17Brunch Porto Palacio 23Brunch Porto Palacio 24

Comezamos pola mesa dos entrantes, na que, entre pans variados, atopamos embutidos, táboa de queixos, milfollas recheados, espárrafos, salmón, melón, minibocadillos, quiche…
De ter que salientar, e estamos ante gustos persoais, tiraría polos fantásticos espárragos, polos queixos e polos sempre exitosos folhados.

Brunch Porto Palacio 11Brunch Porto Palacio 12
Brunch Porto Palacio 25Brunch Porto Palacio 26Brunch Porto Palacio 28Brunch Porto Palacio 27

Ensaladas. Hai variedade de ensaldas completas (de bacallao, de atún, de calamar, de salchichas afumadas) e ingredientes para completar as anteriores ou crear unha nova ao gusto do consumidor; selección de salsas.
Tamén un logrado cóctel de marisco.
Cústame seleccionar, pero quizá o cóctel e a ensalada de bacallao.

Brunch Porto Palacio 13

A continuación, e seguimos con pratos fríos, atopamos unha selección de sushis que, pola calidade, semella subida directamente do Góshò.

Brunch Porto Palacio 14

A transición aos pratos quentes ten a súa base nos ovos. Tortilla, ovos mexidos, ovos escalfados e uns cogumelos en salsa. Tostas de pan de molde para acompañar.

Brunch Porto Palacio 20Brunch Porto Palacio 21Brunch Porto Palacio 22

A parte máis contundente comeza cunha tradicional sopa de legumes.
Filetes á prancha e pescada con bechamel; acompañamento de patacas ao forno e arroz. Fetuccini salteado con gambas e cogumelos…
De novo toca elixir e tiro por esta última pasta e pola pescada.

Brunch Porto Palacio 31
 Brunch Porto Palacio 35Brunch Porto Palacio 33Brunch Porto Palacio 34Brunch Porto Palacio 32

E, xa por fin, as sobremesas.
Podemos comezar recuncando nos queixos ou pasar directamente a unhas froitas laminadas (laranxa, piña, uvas, kiwis); tamén os dadiños de xelatina de diferentes sabores para os máis cativos.
E a parte doce. Torta de laranxa, filloas, pastel de chocolate, leite creme, mousse…
E para completar ou combinar cos anteriores, selección de cereais, compotas variadas, chocolate fundido…

Brunch Porto Palacio 08Brunch Porto Palacio 37
Brunch Porto Palacio 39

Unha experiencia altamente recomendable a un prezo que, vista a oferta, resulta razoable. Hai que pensarse moi ben o tema das bebidas.

Vip Louge do Porto Palácio Hotel
Avenida Boavista 1269
Porto  4100-130
Teléfono: 351 226 086 600
E-Electrónico
Web
GPS: 41º09’33"N   8º38’21"W
Localización en Mapas de Google


Translate »