turismo restaurante lounge en Barcelos

Turismo restaurante Lounge en Barcelos é un local fermoso, requintado, con fermosas vistas sobre o río Cávado, unha cociña tradicional con guiños actuais e un prezo a ter moi en conta.

Turismo Lounge 02 Turismo Lounge 09

Fica alí, acima do Cávado, no cerne da cidade, frote á Igreja Matriz. O local está moi coidado e foi decorado con gosto e precisión; as vistas, malia a tristura do día, son magníficas.
Recíbennos cun portónic e, ademais do variado de pans e a manteiga, unha crema de alheira que, sen ser un artigo moi do meu padal, resulta moi agradable.

Turismo Lounge Entrantes Turismo Lounge Entrantes Turismo Lounge Entrantes

Turismo Lounge Entrantes Turismo Lounge Entrantes

As entradas elíxenas eles e traen todo o que vedes arriba. Todos os bocadinhos a un alto nivel, pero as miñas preferencias van directamente a pataca recheada de bacallao. As ‘tapas’ son a 7,5€ a unidade.
Somos seis e de prato pedimos Arroz de peixe sapo e lagostino aromatizado, coentros relembrando nos vellos tachiños de cobre Algarvios (para dúas persoas, 35€), o Suflé de robalo con cremoso de gambas, puré do momento e legumes finos (para dúas persoas, 35€) e o Filete de robalo com Açorda alentejana en carcasa de pan típico con berbigão e gambas (prato individual, 20,5€).

Turismo Lounge Arroz Turismo Lounge Arroz

Turismo Lounge – Arroz de tamboril e camarão

Turismo Lounge Souflé de robalo Turismo Lounge Souflé de robalo

Turismo Lounge Souflé de robalo com gambas, puré e legumes

Turismo Lounge Açorda con robalo Turismo Lounge Açorda con robalo

Turismo Lounge – Açorda de bergigão e gambas con robalo

A carta de sobremesas é ampla e variada; compartimos tres: Crocante de leite creme com gruta  e gelado de tangerina, Waffle de chocolate com gelado e amêndoa, e Mini pao de ló caseiro com queijo da serra amanteigado. Nada que dicir. Imposible pronunciarse por unha preferencia aínda que o contraste do doce co queixo da serra foi todo un decubrimento.

Turismo Lounge 28 Turismo Lounge 30 Turismo Lounge 31

Comimos con auga e unha botella de viño do Douro que deu a talla (21€), tomamos cafés e pagamos 188€ que, repartidos entre os seis, sae a 31 euros por persoa.
Dado o nivel do local, o coidado no servizo, a oferta da carta e dos viños… e, sobre todo, a cociña e os detalles, coincidimos en que se trata dun prezo moi, moi axustado.
En conxunto, e seguindo o meu particular críterio, válido para repetir calquera outro día.

Turismo Lounge Bar
Rúa Duques de Bragança
4750-272 Barcelos
351 253 826 411
http://www.restauranteturismo.co
Facebook
GPS: 41.528763N, 8.623391O
Cociña: Tradicional
Prezo: 30-40€


Translate »