turismo con calidade razoable

A pulpeira de Melide, local tradicional na Coruña, renovou a carta e a cociña e está a coller un certo pulo entre as guías (co correspondente efecto chamada para turistas).

En plena ponte da constitución non era a nosa primeira opción, pero non nos defraudou. Tentamos reservar en El de Alberto e Artabria, pero resultou imposible.
A pulpeira de Melide é un local amplo con espazos diversos, no casco vello da Coruña. Tocounos no comedor principal (cheo ata a bandeira e dobrando mesas), un comedor con marcada decoración rústica (ollo cos olores) na liña da cociña do propio local: máis taberna-tapería que restaurante propiamente dito.

A Pulpeira de Melide 01

Fóra o ADN do local (o polbo, sen dúbida, á feira, con patacas cocidas –separadas, tamén con pemento e aceite–; disque segue a ser o mellor de toda A Coruña), a carta, a base de petiscos, é variada e atractiva; media volta de tornillo para, sen grandes espaventos, dar un novo aire á moitas das tapas tradicionais galegas.
Croquetas de lacón (9.5€), Alcachofas+cebreiro (12.5€), Mexillóns+níscaros (8.5€), Salpicón de lumbrigante (19.5€), Ameixas (no seu caldiño) (16.5€), Zamburiñas+ibérico (14.5€), xarda mariñada (9.5€), Navallas (escabeche branco) (14.5€), choquiño (encebolado) (15.5€), Pescada e allada (15.5€), Bonito en tar-tar (12.5€), Cabracho (tempura) (16.5€), Galiño de curral (asado) (12.5€), Croca rubia galega (14.5€)…

A Pulpeira de Melide 04A Pulpeira de Melide 05
As empanadillas de albacora

A Pulpeira de Melide 06A Pulpeira de Melide 07
A cacheira prensada (galega)

A Pulpeira de Melide 08A Pulpeira de Melide 09
A tortilla (estilo Betanzos)

Entre as sobremesas, caseiras, optamos pola caña recheada e o ‘pastel de Belém’

A Pulpeira de Melide 10A Pulpeira de Melide 11

Bebimos unha botella de auga, caña e copa de viño; xunto co café pagamos 21€ cada un.
Gustoume. É unha comida divertida cunha dose máis que aceptable de calidade na idea, na execución e tamén na presentación. É o que é, e non pretende enganar; tortilla estilo Betanzos: moi boa… se é que che gosta a tortilla zumenta, sen callar demasiado; as empanadillas con masa follada, tirando máis a masa tradicional de orellas que a masa de pan recheadas cunha zarrapallada espectacular…
No seu estilo, moi boa opción na Coruña. Para repetir.

A pulpeira de Melide
Gorka Rodríguez

Praza de España 16
15001 A Coruña
981 152 197
Web
Facebook
GPS: 43.372926N,  8.397212O
Cociña: tapas, tradicional, mercado
Prezo: 35€
Peche: luns
Repsol: 1 sol
TripAdvisor: 24 de 1020 restaurantes na Coruña


Translate »