a tortilla de betanzos de casa miranda

Falar de Betanzos é falar da tortilla de patacas. Melosa, zumarenta, substanciosa, chea de texturas, a tortilla de Casa Miranda é unha habitual nos premios anuais que festexan as mellores.

Casa Miranda 6

Somos catro e a excursión para revisitar as Meninas de Canido e a exposición Untoled Stories, o mundo fotográfico de Peter Lindberg (ver Fotografía, arte urbana e arquitectura) está a ser todo un éxito.
Estas dúas montaxes artísticas teñen a capacidade de soprender e cumprir expectativas en cada visita.
Unha gozada e un privilexio ao alcance de calquera (as dúas son gratuítas) e que non podemos deixar correr.

Menina Republicana     Peter Lindberg 2021 114

Para repoñer forzas, e entre as innumerables alternativas, optamos por esta Casa Miranda que ten recoñecida sona polas súas tortillas.
Vaia de entrada que Casa Miranda está máis cerca do bar de viños que do que é un restaurante. A carta é limitada e está centrada en tapas e racións, un par de ensaldas e pouco máis.
A protagonista, sen dúbida, é a tortilla de Pepa Miranda, gañadora do ouro no Concurso anual de mellor tortilla de Betanzos en 2011, 2013, 2014, 2015, 2019…, e isto porque entre 2015 e 2019 non se presentou.
Paga a pena ir aínda que só sexa pola tortilla.

Casa Miranda 3

Como bo bar de viños que é, todo comeza cunha tapa de cortesía para acompañar a botella de Ribeiro Pazo Carballo. A tetilla, cremosa e sedosa, fai os honores a un viño que non está nada malo.

Casa Miranda 4

As luras son perfectamente evitables. Ademais de que cada vez gosto máis das simplemente enfariñadas, estas, á romana, están algo duras.

Casa Miranda 7     Casa Miranda 8

Da tortilla, acompañada dunhas lascas de chacina, pouco queda por dicir. É a estrela indubidable da casa. Para os amantes da auténtica tortilla de Betanzos (ollo, por definición, se acabar de callar, polo que entendo que haxa persoas ás que lles dá unha certa grima e non poden con ela), o resto tanto ten.
Mágoa que o pan non se prestaba (e a tortilla tampouco), pero pasei media comida pensando nun bo bocata.

Casa Miranda 9     Casa Miranda 10

Requeixo con marmelada de cereixas e a tetilla con marmelo. Dúas saídas doces para as que non hai queixa. Déixanse comer e mesmo animan a máis.

Pagamos 17 euros por barba. Un bo prezo para unha comida que realmente non chegou a tal (1 de luras, 1 de chacina, a tortilla mediana, dúas de queixo, dúas de requeixo, pan e o viño).
A referencia pode ser o prezo da tortilla mediana (por certo, mediana e única, pois é a que aparece na carta): 14 euros. O tamaño é xusto para unha boa ración dos catro pedazos de homes que somos.
Por certo, o local non engana a ninguén. Xunto coa sona, en caracteres esaxeradamente góticos asoman as intencións: viños e racións

Casa Miranda
Pepa Miranda
Travesía do Progreso, 5
15300, Betanzos (A Coruña)
981 7700 08
GPS: 43.279752N, -8.210011O
Facebook
Cociña: tradicional, tapas
Prezo: 15€
Peche: luns e mércores