toñi vicente (bis)

Restaurante Laurel Toñi Vicente Localización
Restaurante Laurel Toñi Vicente TarxetaO novo proxecto de Toñi Vicente, o Laurel, está na Revolta (Noalla), no número 47, no concello de Sanxenxo, a carón da rotonda de A Lanzada, pola estrada que conduce a Cambados.
Ocupa o local dun antigo restaurante, pechado hai anos, co ‘toque’ Toñi Vicente. O ambiente resulta agradable, cun certo aroma aos anos sesenta actualizado con algúns dos clásicos dos restaurantes anteriores da propietaria, tanto no referido ao mobiliario como na decoración das paredes. Coas diferenzas evidentes, máis semella un regreso ao Síbaris que ao local de Rosalía de Castro en Santiago. Unha mágoa que o día resultase infernal e unha parte da friaxe se coaba ao interior ao estar nós como únicos clientes do restaurante.

Restaurante Laurel Toñi Vicente ExteriorRestaurante Laurel Toñi Vicente Interior

Disque o que tivo retivo, e nunca mellor empregado que para Toñi Vicente.
Ofrece un máis que interesante menú de degustación, ao prezo de 35 euros, formado por dous entrantes, prato de peixe, prato de carne e sobremesa:
Delicadeza: Crema de cabaza con tosta de parmesán
Entrante1: Salmón marinado, xelado de cebreiro e gelée de tomate
Entrante2: Huevo poché, setas e po de foie gras
Entrante2 (alternativo): Espárragos trigueiros con vieira e lasca de xamón
Prato de peixe: Pescada en emulsión de limón e infusión de pemento verde
Prato de carne: Entrecot de tenreira
Sobremesa: Torrada da miña nai con xelado de piña
Petit Fours: os pousos do café e bombón xelado

Restaurante Laurel Toñi Vicente Crema de cabaza con tosta de parmesánRestaurante Laurel Toñi Vicente Salmón marinado, xelado de cebreiro e gelée de tomateRestaurante Laurel Toñi Vicente Huevo poché, setas e po de foie grasRestaurante Laurel Toñi Vicente Espárragos trigueiros con vieira e lasca de xamónRestaurante Laurel Toñi Vicente Pescada en emulsión de limón e infusión de pemento verde Restaurante Laurel Toñi Vicente Entrecot de tenreira

Ademais, e dentro desa moda que por fortuna xa se está a xeneralizar e que comentaba nun post ala por febreiro, Menú Express, ten un menú executivo (diario, express, etc.) creo lembrar que de 19 euros.
Desde o meu particular punto de vista, o menú resulta redondo. Compensado, equilibrado, resume á perfección a exquisita técnica de Toñi Vicente e os seus trinta anos ao pé dos fogóns. A crema de cabaza entona o corpo e abre as portas ao que Restaurante Laurel 21virá. O salmón marinado está delicioso; non en van Toñi Vicente é unha das cociñeiras que introduciron os carpaccios e marinados na cociña galega; saboroso, delicado, en harmonía perfecta co sabor e temperatura do queixo e o tomate. A segunda sobremesa do menú é ovo poché pero no momento nos ofrecen a posibilidade de cambialo polos espárragos con vieira; pedimos un de cada para ampliar a visión. Personalmente quédome coa vieira, pero porque son tres dos meus bocados favoritos, os espárragos, a vieira, o xamón…; combinan á perfección e a mestura de texturas e sabores eleva a valoración global do prato. O ovo tamén no seu punto exacto, as setas quizá un pouco dominantes, o foie aporta a delicadeza ao prato. A pescada simplemente sublime. De primeira, no punto exacto de cocción e temperatura, co fondo, en especial o de limón, completando sabores pero sen caer no Restaurante Laurel 22dominio de anular aos demais. Sabido é que tanto Carmen coma eu somos pouco comedores, co que chegamos á carne moi preto do límite; sempre nos pasa o mesmo cos menús e aceptamos que se trata dun problema noso e non da configuración dos menús; ao final, cando xa andas ao límite, chega a proposta máis contundente de todas; a tallada de entrecot é importante pero está tan bo, tan no seu punto, que acabamos con ela. O que non nos custa nada é a sobremesa: creo que o colofón xenial para un menú perfecto, sen fisuras, absolutamente recomendable (en especial e dados os tempos que corren, cando miramos para o prezo).
Restaurante Laurel
Toñi Vicente
A Revolta 47, Noalla
Sanxenxo  (36990)
Telf: 986 74 58 01
XPS: 42º26’49″N 8º51’54″W
Localización en Google-Maps
Toñi Vicente
1985. A ‘Guía do Viaxeiro’ outórgalle dous soles ao Síbaris
1988. 2º premio. I Campionato de Cociñeiros de España. Salón do Club de Gourmets
1989. Primeira estrela Michelín a unha cociñeira galega polo Síbaris
1992. 1er. Challenge Européen de la Gastronomie, sendo o seu padriño Juan Mari Arzak (participante más nova e única muller)
1992. Viguesa distinguida
1992. Síbaris único restaurante galego no pabillón español da Expo de Sevilla
1993. Inaugura ‘Toñi Vicente’ en Santiago apadrinada, mediante colaboración nas cartas, por Cela, Vázquez Montalbán, Laxeiro, etc.
1993. No seu primeiro ano de vida, revalida a estrela Michelín para o ‘Toñi Vicente’
1997. Medalla de prata de Galicia
1997. Premio nacional de gastronomía
2004. Premio ‘Galicia en Feminino’ no apartado de creatividade
Cociña, en actos oficiais, para personaxes como Margaret Tatcher, Camilo José Cela, Mario Soares… E tamén Xornadas de promoción de Galicia en New York, Milán, Roma…
Datos extraídos de: Pescaderiascorunesas.es

Restaurante Laurel 5
Posted in pontevedra, restaurantes, salnés and tagged , , , , , .