tempos de seca…

Vivimos malos tempos.
Se non hai entradas é porque levamos unha boa tempada sen facer excesos gastronómicos.
Pero os tempos escuros van moito máis alá do comer e beber…
Cando comecei este blob comprometinme comigo mesmo a non meterme en camisas de once varas; a piques estiven de romper o meu xuramento un par de centos de veces, pero en cada ocasión asomaba unha nova falcatruada que deixaba en pañais á anterior…
A penúltima, aquela filtración do ministro do ramo segundo a cal van tipificar como delicto (dous anos de cárcere) as manifestacións violentas… e tamén as pacíficas (en concreto, e textual, ‘a resistencia pasiva á autoridade’).

gandhi   la fuerza de amar

Unha desfeita.
Para min, que libros como ‘Gandhi y la no violencia’ o ‘La fuerza de amar’ son de cabeceira cunha historia comigo de máis de trinta e cinco anos, imaxinade…

Pero non, corramos un estúpido veo.

Recibo correo de Alfonso co enlace a un artigo de El Viajero de El País; forma parte da serie Onde comen 11 chefs e nesta entrega é Pepe Solla quen recomenda algúns do seus locais favoritos na provincia de Pontevedra.
En concreto fala de ir de tapas polo casco vello de Pontevedra, con mención especial a calquera local da Praza da Leña. Para guisos de culler, Durán, en Canido, Vigo. Para cociña de produto, baseada na materia prima con menos elaboración, D’Berto, no Grove. En Ribadumia recoméndanos o Tío Benito, ‘unha tasca de sempre con mesas sen mantel e viño do país’.
Por último, ‘o segredo mellor gardado’: as mellores empanadas de fariña de miño de Galicia, de chocos, de bacallao ou o que toque: Bar Villanueva, na Avenida do Doctor Martínez, 37, tamén en Poio.

destinations2012

Cambiando de terzo, unha novidade, unha recomendación que nunca fixen: unha fin de semana en Porto.
A European Consumers Choice, organización con sede en Bruxelas que cada ano reúne a especialistas do mundo do turismo para votar os mellores destinos europeos e outorgar os que denominan os European Consumer Awards, na súa selección de 2012 considera a Porto o número un do top 10 de destinos turísticos en 2012.
Porto tivo que competir, por orde no ranking final, con Viena, Dubrovnik, Praga, Bruxelas, Berlín, Budapest, Lisboa, Florencia e Edinburgo (case nada!)

Porto Bolhao Sardinhas Porto Casa no Douro 01 Museo de Serralves 13

O texto destaca que Porto triunfa pola variedade de ofertas para todo tipo de visitantes, desde aqueles que buscan historia e autenticidade, aos que procuran a súa vertente máis actual, dunha cidade cosmopolita e contemporánea. O descubrimento de Porto significa o descubrimento de todo o que a fai diferente: o seu famoso vinho do Porto, un Centro Histórico declarado Patrimonio Cultural Mundial pola UNESCO, Museos, parques e xardíns encantadores, boutiques de moda de grandes deseñadores nacionales e internacionales… ‘O Porto lle dá un pouco de todo. Déalle unha oportunidade!’