amaranto
Amaranto. Rúa Picavia 12, A Coruña, 981021964. Un paraíso sen gluten. Panadería variada, pastelería apetecible e cociña casual aceptable a prezos razoables (para o que é o desproporcionado mercado SG).
Case todas as entradas deste blog: as que falan das nosas papatorias
Amaranto. Rúa Picavia 12, A Coruña, 981021964. Un paraíso sen gluten. Panadería variada, pastelería apetecible e cociña casual aceptable a prezos razoables (para o que é o desproporcionado mercado SG).
La Orensana. Rebeca Guede. Avenida Fragoso 55, Vigo, 672850909. Curiosa simbiose entre cociña canaria e galega con moitos toques foráneos. Os domingos, gran cocido. Servizo atento e prezos bastante populares.
O Secadeiro. Fernando Rodríguez e Eva Guzmán. Banzas 18, Outes (ACoruña), 881308134. Menú de degustación, de tempada, con protagonismo para os vexetais da horta. Auténtico. Diferente. Atractivo. Persoal. Moi recomendable.
Oca Bianca da Ugo. Contrà Porti 20/A, Vicenza (Italia). +390444 542193. Ombre, pranzi e merende. Entre ‘osteria’ e ‘trattoria’, é un local moi agradable con comida rexional de alta calidade.
A Viaxe a Italia, de Goethe, é un clásico entre os clásicos da literatura de viaxes. Vivencias da súa estadía, por dous anos, na Italia de finais do século XVIII.