guía caminha

Ultimamente teño a impresión, e que quede claro que se trata dunha simple impresión,  unha arrouada mental sen ningún tipo de indicio racional ou proba tanxible, dicía que non sei por que me dá que os costumes dos galegos do sur con respecto a Portugal están a volver ao seu leito orixinal.
Despois dun período en que se daba moito o de coller a autoestrada e baixar ata Porto, cada vez regresamos máis (a maldita crise!) ás compras en Valença ou Viana, á feria dos mércores ou dos sábados, ás comidas nos locais tradicionais de Valença, de Cerveira, de Caminha, de Vila Praia de Ancora…

Mapa Portugal

Se houbo uns meses nos que se me pedía consello sobre restaurantes en Porto, cada vez son máis os coñecidos que me preguntan polos locais de toda a vida máis preto da fronteira.
Tamén son moitos os amigos e amigas que me informan de tal ou cal restaurante no que comeron moi ben (e barato!) o sábado pasado.
É o caso do amigo Santi.
Santi Veloso é colega de profesión, de instituto e de departamento, e, ademais, coincidimos na maioría dos xeitos de entender a vida e o mundo que nos rodea.
Santi é un namorado de Portugal, máis que un simple namorado, un amante que condensa en práctica toda a súa querencia polo país irmán.
Santi ten moito que ver cos 20 anos de Ponte nas Ondas (que mágoa que se acaben!!)e con esa súa teima da candidatura para Patrimonio Inmaterial da UNESCO da Cultura común Galego-Portuguesa.
Coñeces o Muralha en Caminha?
Pois non. O Muralha, en concreto, non…

Caminha1 Caminha2

Caminha sempre foi un gran destino gastronómico, para comer pero tamén para comprar no seu magnífico mercado. E en Caminha mandan o peixe e o marisco.
Son clásicos, todos eles de cociña tridicional minhota e portuguesa, e calquera recomendable desde a miña experiencia:
Solar do pescado (prezo tirando a baixo, das mellores ofertas, nº 1 en Tripadvisor)
Foz do Minho (todo un clásico, quizá a miña mellor elección, prezo baixo)
Café Central (moi de batalla, para un bocata rápido e agradable na explanada)
O Barão (requintado, ben, algo caro)
Duque de Caminha (moi boa opción, algo caro pero paga a pena)
Pensão do río Coura (típico, barato e moi acolledor; das mellores eleccións).

A día de hoxe teño en lista de espera o Amândio, seica que moi típico e popular, moi recomendado polos propios portugueses; disque imprescindible hoxe por hoxe en Caminha; xunto co Duque de Caminha, os dous únicos recomendados polo Boa Mesa e por José Silva.

Para os amantes das guías: o único restaurante de Caminha recomendado por Michelín e Repsol é o Solar do Pescado. Michelín, ademais, inclúe o Duque de Caminha.

As recomendacións redúcense ao núcleo de Caminha, pero mergullando por internet atopo un nome recurrente en Moledo (apenas 3 quilómetros) o Ancoradouro  (Repsol, Expresso, José Silva…).

muralha de caminha3

E, claro, desde hoxe está tamén o Muralha de Caminha.
Dime Santiago que se trata do restaurante dun hoteliño que está a carón da muralla e moi cerca da Igreja Matriz (por certo, a rehabilitación e limpeza exterior ben merece por si mesma unha visita).

muralha de caminha muralha de caminha2

Local moderno, cociña tradicional moi saborosa, servizo eficiente e próximo.
Típico restaurante portugués de racións familiares, recomendable medirse por meias doses. En concreto eles (eran dous) compartiron meia de peixe e outra meia de carne. Máis que suficiente. Con sobremesas e cafés, pouco máis dos 15€ por cabeza.

Restaurante Muralha de Caminha 1  Restaurante Muralha de Caminha 2
(As fotos dos pratos son de Santi; o resto do Facebook do propio local).

Muralha de Caminha
Rúa Barão de S. Roque 69
4910-128 Caminha
Tlfno: 351 258 728 199
GPS: 41.878015ºN   8.839244ºW
Localización en Mapas de Google

Solar do Pescado
Rúa do Visconde Sousa Rego 85
4910 Caminha
Tlfno: 351 258 922 794
GPS: 41.874586ºN  8.840134ºW
Localización en Mapas de Google

Foz do Minho
Rúa Esteiró
4910 Caminha
Tfno: 351 258 921 784
GPS: 41.865796ºN   8.849321ºW
Localización en Mapas de Google

Café Central
Praça do Conselheiro Silva Torres 17
4910-152 Caminha
Tfno: 351 965 631 237
GPS: 41.875782ºN  8.838378ºW
Localización en Mapas de Google

O Barão
Rúa Barão de São Roque 33
4910-128 Caminha
Tfno: 351 258 721 130
GPS: 41.8776ºN  8.839328ºW
Localización en Mapas de Google

Duque de Caminha
Rúa da Direita 111
4910 Caminha
Tfno: 351 258 722 046
GPS: 41.877919ºN   8.838265ºW
Localización en Mapas de Google

Pensão do Río Coura
Avda. Saraiva de Carvalho, 1
4910-108 Camiña
Tfno: 351 258 921 142
GPS: 41.873891,-8.835846
Localización en Mapas de Google

Amândio
Rúa Direita 129
4910-155 Caminha
Tlfno: 351 258 921 177
GPS: 41.878568ºN   8.838075ºW
Localización en Mapas de Google

Ancoradouro
Rua João Baptista da Silva 522
4910-000 Moledo
Tlfno: 351 258 722 477
GPS: 41.850347ºN   8.86269ºW
Localización en Mapas de Google