restaurante brac en braga

Restaurante Brac en Braga: local rompedor, colorista, fermoso; trato amable e acolledor; comida en modelo buffet, sen grandes pretensións, pero moito máis que digna e a un prezo sen competencia.

RestauranteBrac 01 RestauranteBrac 02 RestauranteBrac 03

En moitas ocasións temos falado do prezo dos restaurantese e da proporción (ou desproporción, en demasiados casos, despropósito) entre o que comes e o que pagas.
Hoxe, por 12 euros cada un, comimos ben: cantidade, variedade, sabor…

RestauranteBrac 30

O Brac está en Braga, no campo das Carvalheiras. Trátase dun local fermoso, de corte moderno, con estilo, un chisco escuro pero con moita cor, con detalles na decoración realmente rompedores. Moi, moi atractivo.
Ademais, e como é veciño da Domus da escola velha da Sé (proxecto museístico sobre a Braga romana e a muralla medieval), ten todo un ventanal interior aberto ás excavacións históricas.
Por último, unha terraza aberta ao Campo das Carvalheiras pecha o círculo da confortabilidade deste atípico local.

RestauranteBrac 14

A oferta ao mediodía céntrase no bufette.
Pode ser o básico: bufette de salgados con bebidas (auga, limonada…) por 8€; con viños ou con bufette de sobremesas: 10€; bufette completo (salgados, sobremesas e viños): 12€. Optamos polo completo.

Os entrantes céntranse nas ensaldas, ben pre-elaboradas, ben cos ingredentes soltos para que ti mesmo a compoñas (leituga, tomate, atún, pasta…).

RestauranteBrac 18
Ensalada de leituga, xudías verdes, ovo cocido, tomate cherry e pataca murro

RestauranteBrac 20
Ensalada de garvanzos con bacallao, ovo cocido e cebola

RestauranteBrac 21
Ensalada de fabas con atún

Ademais, uns cogumelos salteados, follados de salchicha e empanada de queixo e xamón de york.

RestauranteBrac 15 RestauranteBrac 17

Logo, cada día hai unha oferta de tres pratos quentes que anuncian semanalmente no facebook. A proposta de hoxe era unha crema de verduras, arroz de marisco e costela mamiña asada no forno con acompañamento de patacas murro, cenorias baby e coliflor.

RestauranteBrac 16RestauranteBrac 22RestauranteBrac 24

Para sobremesas: un pratiño de queixos con marmelda de amorodos, unha torta de chocolate, froita laminada (laranxa, sandía, melón e amorodos), mousse de chocolate e mousse de mango.

RestauranteBrac 25 RestauranteBrac 27RestauranteBrac 29 RestauranteBrac 26

O único bocado que me deixou indiferente foi o arroz; non son moito de arroces de marisco portugueses e este en concreto tampouco era dos mellores.
Do resto, as ensaladas son ensaladas e o produto era bastante bo (ollo, que ninguén espere bonito do norte) e hai tres ou catro vinagres e aceites diferentes para condimentar ao teu gusto; a crema de legumes na liña das cremas de legumes portuguresas: deliciosa; a carne, dentro do que é a costela mamiña (a min gústame, especialmente ao caldeiro), moi rica…

En fin. Unha comida para recordar… por 12 euros.
Se andades perdidos por Braga con ganas de comer ben, moito e barato, unha opción moito máis que recomendable.

Restaurante Brac
Campo das Carvalheiras s/n
477-419 Braga
253 610 225
www.brac.com.pt
Facebook
GPS: 41.548576N, 8.428902O
Cociña: tradicional, portuguesa
Peche: domingo
Prezo: Carta: 25€. Buffet: básico: 8€; con viño ou sobremesas: 10€; completo: 12€


Translate »