restaurante a de luis, en cambados

Restaurante A de Luis, en Cambados: estraña mestura entre local de toda a vida e restaurante para turistas que ‘pasaban por alí’. Curioso menú do día de cociña tradicional.

Restaurante A de Luis Cambados Tarxeta

Situado na rúa Real, a escasos metros da praza de Fefiñáns, acolle a moitos turistas de paso que paran atraídos pola oferta do menú. Posúe boa prensa entre os lugareños e moi boa aceptación en Internet. Terraza na propia rúa ou comedor interior.

Ofrece un menú de 13€ de entrante, prato, sobremesa e bebida; para elixir, unha carta completa: algo así como trece ou catorce opcións de primeiro e outras tantas de segundo; sobremesas, tamén, non menos de oito ou dez a maioría caseiras.
Navallas na prancha, mexillóns, vieira, ensalada gourmet, lasaña, cogumelos con allo…
Pescada na prancha, brocheta de polo, osobuco de tenreira, carne ó caldeiro, codillo ao forno, peixe do día, secreto ibérico…

Restaurante A de Luis Cambados Empanda de bonito Restaurante A de Luis Cambados Ameixas á mariñeira
De entrantes, empanada de bonito e ameixas á mariñeira.

Restaurante A de Luis Cambados Chipiróns á prancha Restaurante A de Luis Cambados Raia á galega
Chipiróns na prancha e raia á galega.

A cociña, de batalla, matén perfectamente o tipo cun resultado final que dependerá dos pratos pero que no noso caso estivo a un nivel bastante máis que aceptable.

Restaurante A de Luis Cambados 13
Flan de licor café

Con dúas cañas, o prometido, 13€ cada un.
Pareceume unha boa alternativa para comer en Cambados de xeito clásico, fóra dos locais de tapas ou do selecto círculo das estrelas Michelín.
Fóra do menú tamén ofrece unha ampla gama de tapas e de pratos máis elaborados.

A de Luis
Rúa Real 16
36630 Cambados (Pontevedra)
986 199 338
www.adeluis.es
Facebook
GPS: 42.518791N,  8.813712O