resaca navideña

Nuns tempos nos que xa case nada nos pode sorprender, e nos que eses pequenos detalles que si poden facelo están a anos luz do bolsillo medio, son dos que avogo pola recuperación da tradición para estes tempos de Nadal.
Así non é de estrañar que a festa gastronómica por excelencia do Nadal sexa o codido do día 25. Lembro este cocido, as potas ao lume, o recendo por toda a casa, os vidros embafados…, desde que teño uso de razón.
Do resto, todo son modas ou gustos da persoa á que lle toque ese ano organizar.
Das interminables horas de sobremesa (na miña casa sen panxoliñas pero si con ‘chistes de cuñao’, sen moita festa pero si moito latriqueo, sen moito alcohol pero si quilos de doce), e despois de moitas suxerencias, destilo tres casas de comida (grazas a Laura e Manolo) para próximas datas.
Restaurante Luis. En Nores, San Adrián de Cobres, Vilaboa. Unha das mellores panorámicas sobre San Simón. Disque foi furancho nos tempos dos furanchos e que despois soubo adaptarse aos novos tempos. Mellora a oferta do furancho mantendo os prezos. Imprescindible reservar.

loureiro
Taberna ou Furancho? O Labrego.
En Outeda, Curro, Barro.
Non me queda moi claro se se trata dun furancho ou, como no caso anterior, dun furancho reconvertido a taberna típica.
En todo caso responde ás características tradicionais do furancho, bo viño, pouco luxo, tapas caseiras, prezo baixo.
A tiro de pedra da Illa. Unha opción máis para as tardiñas de verán.

Restaurante A Nova Cepa.
Camiño de Penedo a Fontenla, Seara, Poio.
Marisco e peixe a prezos asequibles.
Preparacións tradicionais.
Dime Laura que a comida perfecta pode ser empezar por unhas zamburiñas á prancha, seguir co arroz de lumbrigante e pechar con calquera das sobremesas caseiras.
Prometo probar e mantervos informados das novidades.

Posted in furanchos, pontevedra and tagged , , .