que valorar dun restaurante. a guía zagat

En capítulos anteriores –Pedra e Madeira– divagaba sobre como valoramos os restaurantes cando escribimos un post. Acababa, máis ou menos, apuntando que as claves para toda comparación (valorar non é máis que avaliar, comparar), están, primeiro, na selección de aspectos ou elementos a comparar, segundo na ‘regra de medir’ (ou criterios concretos cos que imos valorar, ‘unidades da nosa regra’), e terceiro, o referente, con respecto a quen ou a que imos comparar.
Hoxe toca dar un paso adiante e concretar unha parte do que alí se falaba.

Pantallazo Web Zagat

Trátase de analizar os aspectos nos que fixarse cando visitamos un local.
Se nos fiamos do que hai por aí adiante, vemos que existen sensibles diferenzas pero que non fondo todas son (ou somos) un pouco o mesmo (ou case).
Imaxe do botón de puntuación de Zagat
Como punto de referencia podemos utilizar a Guía Zagat, paradigma das guías gastronómicas en USA. Malia que non nos afecta directamente, o seu modelo si pode resultar enriquecedor para ver de que estamos a falar.
Zagat está elaborada unica i exclusivamente coas valoracións dos restaurantes realizadas polos propios usuarios.

Pantalla de Votación de Zagat

Cando un usuario entra na páxina (Zagat) para valorar un restaurante, atopa que ten que puntualo en tres aspectos moi concretos, espazo, comida e servizo e nunha escala de cero a tres puntos:
0 puntos: ‘fair/poor’, pobre, ‘suficiente’
1 punto: Good (ben)
2 puntos: Very Good (Moi Ben)
3 puntos: Excelent
Pide, ademais, unhas liñas de valoración cualitativa demandando un comentario ‘descritivo, substancial e inxenioso’, e o prezo aproximado que se pagou por persoa contando con bebidas e sobremesas.
Ao final, a propia páxina é a que calcula a valoración global do usuario resultado da media aritmética das tres valoracións parciais. A valoración final do restaurante resulta da media aritmética das puntuacións globais de todas as persoas que o cualificaron na páxina.

Podemos coincidir ou non coa idoneidade dos aspectos a valorar ou con que todos teñan un mesmo peso na valoración global, ou en que resulten insuficientes, ou en todos os peros que queiramos adxudicarlle.
Pero non hai dúbida de que unha puntuación de 2,8 en Zagat coñecemos de onde vén, a que se refire, podemos interpretala, sabemos a que atenernos con ela.
Continuación: Que valorar dun restaurante. Outras Visións.

Posted in varios and tagged .