portugal

Desde a maioridade deste meu blog e da súa presentación en público (Cincuenta), teño recibido algún que outro correo de ánimo.

Hórreos en SoajoIgrexa de BravaesCasa do Cinema de Manoel de Oliveira

Moitos deles coinciden en aplaudir a aportación que supón para os blogs de gastronomía de Galicia a inclusión do norte de Portugal.
Non vou enganarvos, para min non se trata de ningún esforzo baixar a comer a Portugal, ao contrario, creo ter sido o suficientemente transparente como para deixar traslucir a paixón que sinto por estas terras das que non quero entrar a falar se o Miño nos une ou separa.

Graffitis e Carteis na Rua Bombarda Geres no OutonoTranvía no ChiadoMiguel Torga

Para ilustrar esta entrada procuro, nas imaxes de Google, o termo ‘Portugal’. Devólveme, creo, que infinitos resultados. Nas primeiras páxinas todo son mapas, bandeiras e fútbol. Un pouco máis alá xa case todo se reduce ao fútbol tinguido dunhas cores que cheiran demasiado a liñas e bandeiras. Do Portugal ‘do que gosto’, non que non entran nin raias que limiten nin bandeiras que enaltezan, o Portugal de corazón e cabeza máis que de pernas e testículos, practicamente nada.
Así pois, boto man do meu album e saco á luz algunhas das imaxes do Portugal do que máis gosto.

Cereixas de ResendeFigos do Vale do DouroLaranjas do Tua

Os hórreos comunitarios de Soajo, a Igreja de Bravaes, a Casa do Cinema ideada por Souto de Moura para Manoel de Oliveira, Graffiti na rúa Bombarda de Porto, outono no Geres, tranvía no Chiado, Miguel Torga, cereixas de Resende, figos do Douro, laranxas do Tua.

Posted in portugal and tagged , , , .