porto (de novo) mellor destino turístico europeo 2017

European Best Destinations (EBD) promove unha votación para elixir 20 destinos turísticos de cada ano. Despois de 2012 e 2014, medio millón de usuarios votan a Porto como EBD 2017.

EuropeanBestDestinations

A esta alturas do conto, a miña opinión persoal apenas conta.
Levo anos escribindo que está aí mesmo, á carreiriña dun can, e que o ten todo, ou, quizá mellor, que non lle falta de nada.
Que sendo como é parte do territorio histórico galego-portugués, é, ou debería ser, un anaquiño do noso corazón galego.
Que deberíamos sentir a distinción como propia e aproveitar a desculpa para visitar Porto unha vez máis.
Poñamos… unha visita ao ano…, ou non, mellor ao trimestre…
Se é obxecto de desexo en todo o mundo e está aí, moito máis cerca e barato que para todos eses viaxeiros que a sinalan coma obxecto dos seus desexos, por que non un fin de semana ao mes?

PortoDestinoEuropeo2017

A European Best Destinations é una organización con sede en Bruxelas creada para promover a cultura e o turismo en Europa.
A EBD promove máis de 260 destinos europeos a través da súa web e redes sociais (facebook, twiter, instragram, etc.), con máis de 3 millones de visitantes e un enorme prestixio e cobertura por parte de los medios, é un referente no sector.

Como valores da elección: a ampla participación desde 174 países de todo o mundo, o prestixio entre os medios de comunicación especializados, o feito de que unha cidade non pode ser votada desde o propio país, a relevancia de que este ano Porto recibiu máis votos que calquera outra cidade en toda a historia do galardón…
Algo que engadir?

Pois si, como anécdota, e para poñer en valor a elección, dicir que a lista de competidores non é nada, nada desprezable. Por orde definitiva de votos recibidos as 15 cidades europeas máis desexadas durante 2017 (EBD) é:
1. Porto (Portugal)
2. Milán (Italia)
3. Gdansk (Polonia)
4. Atenas (Grecia)
5. San Sebastián (España)
6. Sozopol (Bulgaria)
7. Viena (Austria)
8. Stari Grad (Croacia)
9. Basilea (Suíza)
10. Madrid (España)
11. Rotterdam (Países Baixos)
12. Roma (Italia)
13. París (Francia)
14. Bonifacio (Francia)
15. Wild Taiga (Finlandia)

guiadeguiasPorto

Malia ser este un blog gastronómico, e dadas as circunstancias, calquera día destes compartirei os meus recunchos favoritos da cidade de Porto.
Mentres, e para abrir boca, aí vai o enlace a última Guía de restaurantes de Porto que elaboramos en 2016.