‘Cociña Ourense’ é a iniciativa de trece cociñeiros que, ao abeiro da Deputación provincial, unen forzas e saberes para potenciar a cultura gastronómica baseada nos produtos autóctonos da ‘gran esquecida’.
Ou sexa, para poñer no seu lugar no mapa do turismo gastronómico a Ourense e a sua provincia.
Non hai moito, O sur tamén existe, reflexionaba eu sobre o desequilibrio evidente de presenza en guías e medios de comunicación entre restaurantes das catro provincias galegas. Analizaba, como exemplo, case coma un xogo, unha publicación concreta na que (entre outros datos que nesta ocasión vou obviar), asomaba o dato demoledor: a publicación recomendaba 40 restaurantes de toda Galicia; deses corenta, unicamente tres, tres de corenta!, correspondían á provincia de Ourense (en concreto Nova, Galileo e Sábrego). E a pregunta saltaba enseguida: e que non hai máis restaurantes ourensáns con méritos para estar nunha lista entre os mellores corenta de Galicia? E a dúbida, case existencial: hoxe, máis que nunca, se non estás nos medios non existes; pero o problema grave, a pescada que se morde a cola, é que para existir antes tes que aparecer nos medios.
Non me extraña, polo tanto, e aplaudo con todas as miñas forzas, o nacemento desta ‘Cociña Ourense’ que, espero, porá as cousas no seu lugar. Espero que pronto deixen de ser trece, e non por superstición, senón porque sería sinal de que as cousas vanlle ben.
Antes de seguir, un ‘mea culpa’: leo o listado de trece cociñeiros e os seus respectivos restaurantes e teño que dicir que son o primeiro en recoñecer que apenas estiven en tres dos trece.
Algúns, moitos, nin sabía que existían; son, para min, unha absoluta novidade.
Espero, aos poucos, pór remedio a esta situación.
No Facebook de Cociña Ourense podemos atopar a xénese do proxecto, as súas ideas fundacionais e unha breve presentación de quen é quen nesta ilusionante iniciativa. Os ‘trece magnífico’ son, por orde de aparición na web, e en palabras propias:
Anxo Fernández Luís. ‘Cociña tradicional con aires de vangarda’.
Hostal Restaurante La viuda.
Rúa Rosalía de Castro, 17
32780 A Pobra de Trives (Ourense)
(34) 988 33 01 01
GPS: 42.338293N, 7.253482O
Begoña V. Gago. ‘Elaboracións tradicionais e de produto, con toques de cociña actual’.
O souto das Candeas
Praza García Barbón, 26
32600 Verín (Ourense)
(34) 988 59 03 10
GPS: 41.941640N, 7.438215O
David Rodríguez Pérez. ‘Tradición con guiños de vangarda’
Pazo de Canedo
Estrada Castro de Beiro
32001 Quintela (Ourense)
(34) 988 36 49 11
GPS: 42.355442N, 7.904911O
Fran Domínguez Rey. ‘Cociña tradicional renovada e actualizada con novas técnicas’.
Pacífico Café
Rúa Pena Trevinca, 37
32005 Ourense
(34) 988 61 46 72
GPS: 42.333512N, 7.861071O
Gabriel Conde Corbal. ‘Investigar e innovar, pero sempre cos pés na terra’.
Café Tapas Portovello Auria
Parque das Mercedes, 4
32004 Ourense
(34) 988 21 46 86
GPS: 42.338756N, 7.862716
Gerson Iglesias Fernández. ‘Busco a volta da folla. Sorprender e arriscar’.
Adega das Caldas
Av. das Caldas, 11
32001 Ourense
(34) 988 61 58 84
GPS: 42.347322N, 7.869334O
José Luís Fernández Gómez. ‘Experimentar e arriscar dentro da cociña’.
Tapa Negra Gastrobar
Rúa Pena Corneira, 1
32005 Ourense
(34) 677 28 62 74
GPS: 42.36233N, 7.862348O
Marco Varela Froiz. ‘Produto e sabor con presentacións contemporáneas’.
Restaurante Sábrego
Lugar Camporredondo, 1
32415 Campo Redondo (Ourense)
(34) 988 49 18 09
GPS: 42.321467N, 8.108230O
Luís Romaní Franco. ‘Cociña sen fronteiras. Tradicional con toques de vangarda’.
Vinoteca Sybaris 2.0
Cardenal Quiroga, 22
32003 Ourense
(34) 988 10 71 62
GPS: 42.338092N, 7.864040O
Martín Sousa Rdguez. ‘Innovar con novos sabores e técnicas, respectando a tradición’.
Confeitaría Milhojas
Rúa do Progreso, 36
32005 Ourense
(34) 988 21 16 47
GPS: 42.338552N, 7.865943O
Miguel González Quintela. ‘Cociña de produto e sabor procurando aplicar a técnica correcta ao mellor produto posible’.
Hotel Rústico San Jaime by Miguel González
A Morteira, 80
32710 Pereiro De Aguiar (Ourense)
(34) 600 29 13 30
GPS: 42.348918N, 7.813281O
Juan Carlos Cortés Ferreiro. ‘Cociña tradicional con toques de modernidade’.
Casa Ramirás
Carretera do Viso, 19
32811 O Viso (Ourense)
(34) 625 40 63 10
GPS: 42.201873N, 8.044099O
Pedro Pérez Gómez. ‘Cociña minimalista. Sen tradición non hai vangarda’.
Bacelo Taberna Vinaria
Rúa Cardenal Cisneros, 3
32005 Ourense
(34) 988 24 97 20
GPS: 42.335826N, 7.862908O
Moita sorte e a promesa de que, aos poucos, iremos visitando estes locais.
Por certo, e como caso excepcional, as fotos desta entrada proceden do propio Facebook de Cociña Ourense. Grazas tamén por isto.