pequenos pecados de precipitación

El Juliana está chamado a converterse na estrela do novo espazo gastronómico do mercado do Progreso e un referente en Vigo. Ten case todo. Só lle falta algo de rodaxe.

El Juliana

Non é a primeira vez que nos pasa. Nesa ansia por descubrir e probar novidades, pecamos de precipitación. Ou é o local o que inagura un puntiño antes de ter todo perfectamente ensamblado?
El Juliana naceu con este mes de xullo e nós fomos con apenas dez días de vida.

Unha cabeza pensante, Lucho, con experiencia previa no Máis que Millo; aposta forte para ofrecer un proxecto moi elaborado desde o minuto cero. Na cociña, Bret Fernández (paso por El Celler de Can Roca, xefe de cociña no Loxe Mareiro de Carril –grupo 2.0-); local céntrico (especialmente atractivo se a zona se consolida); espazo moi agradable (coa base dunha decoración industrial, urbanita, complementos moito máis cálidos nunha acertada fusión de estilos no mobiliario; tentadora terraza para o verán; uniformes dos camareiros deseñados por La Canalla; etc.)

El Juliana

Carta moi tentadora. As ‘pequeñas locuras’ (A nosa visión da sardiña, 8€; O bonito e vieiras’ das nosas’ rías, 18/10€; A pequena poesía da leituga romana, 10€). ‘Para ir quentando’ (Xardín vexetal, 20/11€; Robaliza ‘made in’ Padrón 18/10). ‘En faena’ (O salmonete, 23/12€; A panza do cordeiro 19/10€; Vaca, pataca e ensalada 30/16€). ‘Para ir terminando’ (Pre-sobremesas: Melón cru 4.5€ ou Sandía sangría 3€, e sobremesas: Chiculate en contrastes 8€ e A magdalena 7.5€).
Haberá que ver como se concretan unhas propostas que, pola sona, semellan moi apetitosas. Mentres, os prezos parecéronme un pouco elevados para unha cociña sen consolidar.

Nos eramos catro e iamos ao menú do día dun martes de xullo.

De primeiros: o Mexillón no zume do seu escabeche e ensalda de fiúncho ou a Berenxena asada con caldo de champiñón e lagostino.

De prato principal: a Caldeirada de pinto ao noso xeito ou o Lombo de tenreira galega con clorofila de espinacas e mollo de xamón ibérico.
En xeral (agás a carne, que estaba no seu punto, deliciosa), deume a impresión de ser unha cociña un pouco barroca, con demasiados sabores moi potentes.

O menú, con bebida e café (sen sobremesa), son 13.5€.
Tendo en conta que non inclúe a sobremesa, que as racións son un tanto axustadas para Galicia (o porco, por exemplo, vén sen ) e, sobre todo, que as altas expectativas están aínda por demostrar, antóllaseme un chisco alto para o que é un menú do día.
Por último, destacar que grazas ás indicacións do amigo Juan, inauguro con El Juliana unha nova etiqueta para aplicar a aqueles restaurantes que teñen unha consideración especial cos celíacos.

El Juliana
Bret Fernández
Ronda de don Bosco 41
(Terraza do mercado do Progreso)
36201, Vigo
986 220 200
GPS: 42.235309N, 8.722699O
Facebook
Cociña: actual, de mercado
Prezo: Menú do día 13.5€; 40-50€
Peche: domingo


Translate »