os mellores restaurantes de galicia de c,le 2021. curiosidades

Hoxe adentrámonos na terceira entrega da nosa guía dos mellores restaurantes de Galicia segundo as guías. Despois da metodoloxía e do cadro de honra, hoxe pasamos a analizar algúns datos.

A primeira entrada, Guía de los mejores restaurantes gallegos de 2021. Introdución, era a exposición detallada da metodoloxía de traballo para realizar o noso estudo.
Logo, na segunda, expuxemos o Cadro de honra cos 50 restaurantes de Galicia que, en 2021, resultan tocados por esas variñas máxicas que son as Estrelas Michelín, os Soles Repsol e o posicionamento en TripAdvisor (Os mellores restaurantes galegos de C,le 2021. Cadro de honra).
Hoxe é o tempo das curiosidades.

A frialdade dos números

  • Hai un total de 81 restaurantes que cumpren cos requisitos para estar no listado definitivo.
    • En 2012 eran 70 e en 2016, 56
    • Dos 81 de 2021, 37 están na provincia de A Coruña
    • 8 en Lugo
    • 7 en Ourense
    • 29 en Pontevedra
  • A cidade con maior presenza na lista é A Coruña, con 12.
    • En Santiago hai 9
    • En Vigo 7
    • En Ourense 5
    • Sen ser as grandes cidades ou as capitais de provincia, destaca O Grove con 4 restaurantes, os mesmos que Pontevedra e un máis que Lugo cidade e Ferrol.
  • Fóra da lista, por estar unicamente en unha das tres guías, quedan:
    • A Coruña 37 restaurantes (17 Michelín e 20 Repsol)
    • Lugo 1 restaurante (Michelín)
    • Ourense 1 restaurante (Repsol)
    • Pontevedra 23 restaurantes (13 Michelín e 10 Repsol)
  • A provincia con máis restaurantes na guía Michelín é A Coruña, con 50 aparicións: 5 estrelas, 16 BibGourmand, 29 recomendacións.
    • A continuación está Pontevedra cun total de 39: 1 restaurante 2 estrelas, 6 unha estrela, 7BG e 25 recomendacións.
    • Lugo ten 7 restaurantes na guía, os 7 recomendados.
    • Ourense conta, unicamente, con 3: 2 estrelas e 1BG.
    • A provincia de A Coruña ten 2 presencias máis na Michelín que a suma total do resto das provincias.
    • Por galardóns, a provincia máis forte é Pontevedra.
  • A provincia con maior presenza na guía Repsol volve ser A Coruña, con 6 restaurantes con 2 soles, 9 un sol, e 33 recomendacións.
    • Lugo: 2 restaurantes con 2 soles e 2 recomendados. Total 4 na guía Repsol.
    • Ourense ten 3 con un sol e 4 recomendacións.
    • A provincia de Pontevedra conta con 2 restaurantes con 3 soles, 4 con 2 soles, 3 con un sol, e 18 recomendacións; isto suma unha presenza de 27 restaurantes na guía.
    • Segundo a guía Repsol, na provincia de A Coruña está practicamente o 60% de todos os restaurantes recomendados en Galicia.
    • Pontevedra volve ser a provincia con distincións máis altas.
  • De 37 restaurantes da provincia de A Coruña que están na lista, 25 (68%) ocupan postos relevantes nos listados de TripAdvisor.
    • En Lugo, os 8, o 100% de restaurantes destacan en TripAdvisor
    • En Ourense ocorre outro tanto: os 7, o 100%, destacan en TripAdvisor.
    • En Pontevedra, 23 dos 29 (80%) restaurantes destacados entran entre os 100 mellorados na provincia en TripAdvisor.
    • Seica a opinión dos usuarios de TripAdvisor serve de contrapunto ás valoración dos inspectores de Michelín e Repsol: a provincia menos favorecida neste caso é a de A Coruña.

De altas e baixas

En Como logo existo realizamos este mesmo traballo –con leves matizacións– en 2012 e 2016. Pensamos que un bo referente pode ser o estudo dos nomes que aparecen e desaparecen.

  • Entre os restaurantes que entran por primeira vez e con maior forza en 2021 destacan:
    • Miguel González, en Pereiro de Aguiar, Ourense. Entra directamente no posto número 10
    • O`Pazo, en Padrón, entra no lugar 13
    • NaDo, en A Coruña, posto 15
    • A horta do Obradoiro, Santiago, 17
    • A Maceta, Santiago, 21
    • Pacífico, en Ourense, 26
    • Detapaencepa, Vigo, e Taberna Meloxeira, en O Grove, no lugar 27
    • A Xanela gastronómica (Ponteareas), O tobo do lobo (Melide), Sibaris 2.0 (Ourense) e Terreo (A Coruña), empatados no lugar 29, pechan o grupo das grandes novidades.
  • A maioría dos restaurantes significativos que caen da lista desde o último estudo, fano por peche: A Estación de Cambre (9º en 2016) ou Alborada (14º).
  • Logo atopamos unha serie de clásicos que co paso dos anos van notando o desgaste e que perden o seu estatus no conxunto de Galicia (Coral, O Parrulo, Ramallo, Chef Rivera, Mesón de Alberto, Manuel Bistró, O Grelo…).
  • Se o proceso se analiza nos dez últimos anos atopamos auténticos buques insignia da gastronomía galega no 2012 que xa caeran das listas en 2016. Si, tamén por peche (Acio ou Casa Pardo), pero hai outros que acusaron o paso dos anos e a competencia (O Bebedeiro, A Casa dos Martínez, El Mercadito, Pedro Roca, Roberto, etc.)

Ausencias e presencias delatoras

  • O primeiro restaurante que se coa na lista sen ter ao tempo estrela e sol é O Balado. Sol Repsol, BibGourmand e, sobre todo, un posto número tres entre todos os restaurantes da provincia de A Coruña en TripAdvisor empurran a Marta e Roberto ao lugar número 9 do listado.
  • Con D’Berto pasa algo parecido. Dous soles e o posto 37 na provincia de Pontevedra convérteno no onceavo da lista a pesar de que no pasa da recomendación por parte de Michelín.
  • No extremo contrario están os castigados polo público de TripAdvisor.
    • Os dous primeiros, e moi significativos, son As Garzas e Pepe Vieira, que coa súa estrela Michelín e os dous soles Repsol caen ata o lugar 23 por non estar entre os 100 primeiros, respectivamente, das provincias de A Coruña e Pontevedra segundo os usuarios de TA.
    • O seguinte nunha situación similar é o Silabario, conta con Estrela e con Sol, pero non chega máis alá do posto 37.
  • Son un puño os restaurantes con soles Repsol que non acadan unha mención destacable para Michelín.
    • Os máis evidentes, España, que con 2 soles nin aparece na Michelín (postos 35), e Nito e Bido, tamén dos soles e presenza simple na Vermella (postos 16 e 40 na lista)
    • A Taberna (Ourense) conta con un sol Repsol e non merece a atención da Michelín; tamén con sol Repsol e apenas mención en Michelín atopamos O’Pazo, Nado, A Gabeira, El Refugio e Salitre.
  • Na situación contraria, estrela Michelín e ausencia total de Repsol, non encontramos ningún caso.
    • Si hai algún que outro que merece o BG de Michelín e pasa desapercibido para a Repsol: Pacífico (Ourense), El de Alberto (A Coruña), O tobo do lobo (Melide), Terreo (A Coruña), Casa Marco (Vigo), Artabria (A Coruña), Paco Durán (Baiona), Mamá Peixe (Santiago) e Morrofino (Vigo).
  • Por último, os restaurantes do listado que resultan mellor valorados polos usuarios de TripAdvisor (figuran entre os 5 primeiros da súa provincia) son: Nova (2º de Ourense), O Balado (3º de A Coruña), Casa Marcelo (4º A Coruña), Pacífico (4º Ourense) e A xanela gastronómica (4º da provincia de Pontevedra).

Entradas anteriores:
Guía de los mejores restaurantes gallegos de 2021. Introdución
Os mellores restaurantes galegos de 2021. Cadro de honra
Próxima entrada:
Guía dos mellores restaurantes de Galicia. Listado completo


Translate »