o viño é poesía embotellada

O pasado xoves asistimos á última sesión desta tempada de ‘Os Xoves de Códax’, encomiable iniciativa das adegas Martín Códax na que, máis alá do propio nome da adega, procuran a fusión do viño e a cultura: a poesía -o viño- feita música.

Os Xoves de Codax 00

Os xoves de Códax é un xeito fermosísimo de promoción: ademais de dar publicidade a adega e aos seus viños, Martín Códax dá un importante pulo á música galega.
Como escribe a propia adega na web, trátase de ‘a maridaxe entre o albariño e a música de artistas como Sés &Tito Calviño, Mercedes Peón ou Di Elas’.

Os Xoves de Codax 01

Cada xoves de xullo e agosto, ás 20.30, na terraza, hai un concerto de unha hora aproximada de duración.
As entradas son gratuítas e distribúense, para cada concerto, por rigorosa orde de petición: ben por teléfono (986526040), no enderezo electrónico ou a través do Facebook da Bodega.

Os Xoves de Codax 33

A terraza é un espazo dunha enorme plasticidade, moi fermoso, cunha acústica envexable. As vistas sobre o mar de Arousa, un auténtico privilexio. Se, ademais, a hora coincide coa posta de sol, a atmosfera cóbrese dun feitizo que dispara todos os sentidos e emocións.

Os Xoves de Codax 29Os Xoves de Codax 08

Segundo entras na terraza, a adega ofréceche unha primeira copa de viño. A partir de aí, hai que pagar a bebida, ben por botella ben por copa.
Durante o tempo que dura o concerto un grupo de camareiros anda entre os espectadores ofrecendo pratiños con empanada, queixo, patatillas, froitos secos…. que axuden a baixar o viño.

Os Xoves de Codax 10

O xoves 29, día da despedida, asistimos a un magnífico man a man entre Uxía e Joao Afonso.
Entre o público, unha maioría de xente interesada no concerto, pero tamén unha parte significativa de xente guapa, desa que vai a este tipo de actos a ver e deixarse ver… e, nalgúns casos, a falar, a molestar mentres os artistas cantan cunha evidente falta de todo (de educación, de sensibilidade, de respecto polos cantantes e polo resto do público…). Unha mágoa.
Foi Uxía Senlle a que para despedir o seu concerto e agradecer á adega a inciativa dos xoves, lembrou aquela famosa frase de R.L.Stevenson de que o viño é poesía embotellada.

Adega Martín Códax
Burgáns 91
Vilariño, Cambados
36633 Pontevedra
Tlf: 986526040
Fax: 986526901
E-Electrónico
Web
Localización en Mapas de Google