furancho os penedos en mos

Furancho Os Penedos en Mos é o lugar perfecto para unha merenda en tardiña de verán. Ten como especialidade as empanadas e empanadillas, pero tamén a tortilla, zorza, pementos, etc. Prezos por debaixo da media, mesmo dos furanchos.

Furancho Os Penedos Chourizo fritido

Furancho Os Penedos Chourizo fritido

Como bo furancho que se prece, o viño (branco) da casa vén acompañado do preceptivo bocado sólido para empurralo, neste caso unhs chouriciños fritidos que pringan no pan ata a luxuria.

Furancho Os Penedos Empanda de millo

Furancho Os Penedos Empanda de millo

Furancho Os Penedos Empanadilla

Furancho Os Penedos Empanadilla

Pedimos dúas de empanada (hoxe de millo e berberechos) e seis empanadillas (tres de bacallao e tres de carne), para comprobar, sen ningún xénero de dúbidas, que se trata dunha sona totalmente merecida. Hai división de opinións, pero eu voto pola empanadilla de bacallao: fabulosa.

Furancho Os Penedos Tortilla

Furancho Os Penedos Tortilla

A tortilla está á altura das empanadillas. Consistente, saborosa, zumenta… Ten a súa altura, pero coma se fose fina coma o papel.

Furancho Os Penedos Rosquillas

Furancho Os Penedos Rosquillas

O furancho Os Penedos non ten ‘carta’ de sobremesas pero obséquiannos cunhas rosquillas de anís da casa nas que se aprecia a man experta que amasa as empanadillas. Moi ricas.

Somos seis. Bebemos dúas xerras de viño branco e unha botella de auga grande e pagamos 11€ a parella (pouco máis dos 5€ por persoa). Trátase, polo tanto, dun furancho moito máis que recomendable; as malas linguas din que está á altura dos mellores de Galicia… E iso nótase: non vaiades moi tarde pois, a pesar de que non é pequeno e ten moitos recunchos exteriores para o verán, corredes un risco máis que probable de ter que facer cola.
Tanto o interior coma o exterior desprenden un aire rural no que se percibe un especial agarimo no coidado e que converten a este furancho nun espazo especialmente agradable.

Furancho Os Penedos
36415, Mos
986 333 203
Faceboock
E-Electrónico
GPS: 42.188275N, 8.607388O
Cociña: Tapas, tradicional.
Prezo: 5-10€


Translate »