constatación de vellas (e moi boas) sensacións

Na liña das ofertas de webs de ‘compras colectivas’, hoxe tocaba revisitar o Eirado da Leña, en Pontevedra.

 

Neste ocasión todo estaba claro, non había lugar ás dúbidas; a páxina da venda (groupon) especificaba cada paso do menú coas bebidas correspondentes no caso de optar pola maridaxe (que foi a que nós escollemos). O menú para dúas persoas (59,90€ ou 79,90€ para a opción maridaxe) constaba de:

  • Vermú gallego (opción con maridaje)
  • Snack del día.
  • Capuchino de boletus edulis, patata de Xinzo y Cantaharellus tubiformi (opción con maridaje: D.O. Ribeiro).
  • Anchoa del Cantábrico San Filippo, crujiente de pan artesano con semillas de amapola y requesón de As Neves con aceite de oliva virgen extra (opción con maridaje: D.O. Ribeiro).
  • Vieiras lañadas y ahumadas con palos de vid albariña, jugo de codium y emulsión de sus corales (opción con maridaje: D.O. Rías Baixas).
  • Pescado del día, espuma de zanahoria y jengibre, remolacha y cebolletas glaseadas (opción con maridaje: D.O. Rías Baixas).
  • Foie a la plancha, compota de frutas de temporada y pétalos escarchados (opción con maridaje: D.O. Jerez).
  • Prepostre, dependerá del que dispongan en el día (opción con maridaje: D.O. Jerez).
  • Maracuyá, coco y frambuesa (opción con maridaje: D.O. Navarra).
  • Brownie de chocolate amargo, crema de chocolate blanco y haba tonka, helado de café (opción con maridaje: D.O. Navarra).
  • Tronco de trufas y chocolates (opción con maridaje: D.O. Navarra).
  • Pan.
  • Café.

Restaurante Eirado da Leña Pontevedra Iñaki Bretal

Todo exacto… e perfecto.

Restaurante Eirado da Leña Pontevedra Iñaki Bretal

O local é pequeno pero non resulta agoniante. En xeral mantén os materiais e a atmosfera da vella casa da praza da Leña de Pontevedra na que se sitúa.
A comida, servida a un ritmo apropiado, resulta un éxito desde o primeiro momento.

Restaurante Eirado da Leña Pontevedra Iñaki Bretal Restaurante Eirado da Leña Pontevedra Iñaki Bretal Restaurante Eirado da Leña Pontevedra Iñaki Bretal Restaurante Eirado da Leña Pontevedra Iñaki Bretal Restaurante Eirado da Leña Pontevedra Iñaki Bretal Restaurante Eirado da Leña Pontevedra Iñaki Bretal

Resulta imposible decidirse por un dos pratos; cada un agochaba a súa pequena perla, o seu toque de graza e orixinalidade, mesmo na presentación, coa traca final dos petits fours servidos nun tronco de videira.

Por concretar. No noso caso, o snack do día –acompañando ao vermú– consistía nunhas saborosísimas olivas, tamén cen por cen galegas, do Xurés (Eiros de Iria ‘Agricultura emocional’). O peixe, robaliza. A pre-sobremesa, gin-tónic.

Os viños: Ribeiro Antonio Montero, Albariño Xion, Moscatel semiseco Botani, Oloroso seco de Xerez Hidalgo.

En resumo, unha comida absolutamente recomendable, dun xeito moi especial se se consegue con bonos.
Algo moi semellante está na páxina do grupo Nove cun menú consistente en 1 Snack, 3 Entradas, 1 Peixe ou Carne, 1 Presobremesa e 2 sobremesas, con Café, té e Petit fours, por 80€, ou 110€ con maridaxe.

Eirado da Leña
Iñaki Bretal
Praza da Leña 3
36002 Pontevedra
986 860 225
web
oeirado@hotmail.es
GPS 42° 25’ 95.8” N   08° 38’ 59.4” W
Localización en Mapas de Google
Guía Repsol: Recomendado
Michelín: Citada
Verema: 7,8 puntos