o bacallau

Hai algúns anos –primavera de 2005– percorremos un par de centos de quilómetros (ida, e outros tantos de volta), detrás dun bacallau.
Tratábase do bacallau de Restaurante O Victor, un templo da gastronomía tradicional portuguesa perdido nunha aldeazinha remota preto de Povoa de Lanhoso (São João de Rei).

Tarxeta de O Lourancho

Do Victor, Jorge Amado escribía ‘…não existe país do mundo onde se come tanto e tão bem quanto em Portugal . Não existe Restaurante onde se come melhor do que nesta pequena casa de Pasto, escondida entre vinhedas e flores, na aldeia de São João de Rei…’
Por certo, a raíz daquela referencia comecei a ler a Amado. O seu Gabriela, cravo e canela é, desde aquela, unha das miñas lecturas favoritas, un deses libros aos que tes que regresar a cada pouco.
De ter a oportunidade algún me preguntaría: e… pagou a pena a excursión?
Pagou. Un bo bacallau vaiche recompensar todos os esforzos que fagas por el.
E o do Victor é un boísimo bacallau. Moi simple: á grelha, con patacas á murro, cun chorro do mellor aceite dun país de azeites.

Bacalhao no Lourancho 01

Onte encargamos para comer bacallau no Lourancho.
Rebozado, douradiño, ben fritido e á cazola de barro. Unhas postas que meten medo, dun grosor que augura exceso de sal que ao final non asoma por ningures. Alí, no barro, agardan polo bacallau as patacas en rodelas de grosor mediano, o pemento vermello ás tiras e, por riba de todo, os chícharos.

Bacalhao no Lourancho 03     Bacalhao no Lourancho 05

De verme obrigado a facelo, diría que o elemento que diferencia o bacallau do Lourancho son os chícharos, moitos, tenros, saborosísimos… chícharos que, coma o resto de produtos, son da casa, de produción propia.
E iso nótase no resultado final da preparación.
Un bacallau que acaba por agradecer todos os esforzos que fagas por el.

Bacalhao no Lourancho 07     Bacalhao no Lourancho 11

De sobremesa unha tarta xeada á que boto por riba o xa famoso licor café de Maribel. Cafés e chupitos.
Probamos un augardente de herbas elaborada a partir de augardente tostada e non branca. Está que te podes morrer… Pero eu persoalmente sigo fiel ao licor café, e, para demostralo, aí vai unha sinxela homenaxe en forma de fotos.

Bacalhao no Lourancho 20 Bacalhao no Lourancho 18 Bacalhao no Lourancho 23
Bacalhao no Lourancho 13 Bacalhao no Lourancho 21 Bacalhao no Lourancho 17

Ah!, e non vos esquezades: o bacallau do Lourancho é, unicamente, de encargo.
(986 507 738 / 667 413 201)

Etiquetado en: , , ,

Translate »