novo descubrimento no salnés

En Vilanova, nas Sinas, e leva por nome Bar Pomares.

Restaurante Pomares 01

Abstenerse os que buscan luxos, modernismos ou excentricidades varias.
Absolutamente recomendable para unha comida con bo produto de tempada (en especial do mar, pero tamén algunha carne, vemos pasar un cordeiro cunha pinta moi tentadora), cociñada ao xeito tradicional, con moi boa man, en cantidades xenerosas e a prezos acorde cos tempos que corren.

Vilanova-Pomares

A carta é ampla pero mellor fiarse das recomendacións que marca o patrón (cos seus prezos correspondentes: unha ducia de cigaliñas (‘pequenas’, concreta, sobre 400 gr.) por 16 euros.
Selección de viños normal para o local (limitada), pero cun par de apostas seguras.
Tiramos polo albariño da casa; déixase beber con corrección e, sobre todo, acompaña ás mil marabillas o menú que pedimos.

Restaurante Pomares 02     Restaurante Pomares 04

Deixámonos enganar pola ducia de cigalas do xefe; en efecto son pequenas, pero fresquiñas, no seu punto de cocción e sal, saborosísimas.

Restaurante Pomares 06

Como entrada compartimos, tamén, para entreter, unha ración de chocos.
Exquisitos. Non podo dicir outro afago que no momento boto de menos non telos pedido de prato principal. Malia ser unha porción xenérosa, sábennos a pouco.

Restaurante Pomares 08Restaurante Pomares 10

No que si coincidimos os catro é no prato principal, unha deliciosa raia á galega que consegue que nos esquezamos ao instante dos chocos.

Restaurante Pomares 11Restaurante Pomares 13

Boa proposta de sobremesas. Tomamos o flan de café (dous), unha torta de mousse de chocolate e un xelado.

Con auga, cafés e chupitos pagamos 19€ por cabeza.
Moi bo prezo para unha moi boa comida.
Se andades polo Salnés, totalmente recomendable para comer en Vilanova de Arousa.

Café Restaurante Pomares
Avda das Sinas 86
36620 – Vilanova de Arousa
Móbil: 607 321 261
Teléfono: 986 555 536
GPS: 42º34’23.6"N   8º49’43.2"W
Localización en Mapas de Google