guía norte de portugal

Guía das guías gastronómicas do Portugal norte. Despois de Comer en Porto segundo as guías 2016, e a Guía das guías gastronómicas de Oporto, é o momento de centrarnos no Portugal-Norte e elaborar o noso particular Comer no norte de Portugal segundo as guías 2016.
O límite, como en casos anteriores, situámolo no río Douro.
As guías analizadas, agás TimeOut-Porto e con idénticas matizacións, son as mesmas que no Porto.

aguilarvisual49lonelyplanet76mesamarcada6michelin6
BCBM44
repsol6tripadvisor6

Así, o cadro xeral dos mellores restaurantes do norte de Portugal segundo as principais guías gastronómicas sería o seguinte:

Localidade P Restaurante Repsol Michelín Aguilar Lonely MesaM TripA BCBM
1 Amarante 49 Largo do paço 2Sol 1Est S 16º GO
2 Famali.-Portela 39 Ferrugem 1Sol BG 13º 11º GO
3 Guimarães 37 São Gião 2Sol S S 33º 38º GO
4 Arma.-Folgosa 34 DOC 2Sol S S 115º S
5 Chaves 31 Carvalho R BG S S 11º S
6 Mirandela 30 Flôr de sal 1Sol S S 163º 17º S
7 Bragança 29 Solar bragançano 1Sol S S S
8 Viana do Castelo 29 Camelo 1Sol BG S S
9 Braga 27 Cozinha da Sé R S S S
9 Peso da Régua 27 Castas e pratos R S S S
11 Peso da Régua 24 Douro In R S S 18º S
11 Ponte de Lima 24 A carvalheira R S S 17º S
13 Bragança 24 O Geadas 1Sol S S
14 Barcelos 23 Bagoeira R S S 26º S
15 Póvoa Lanhoso 23 O Victor 108º S
16 Barcelos 22 Pedra furada R BG 16º S
16 Guimarães 22 Historico Papa Boa R BG S 20º
16 Romeu 22 Maria Rita R S S
19 Braga 21 Centurium 1Sol BG 54º S
20 P. de Varzim 21 Egoísta 2Sol 179º GO
21 Gimonde 19 Dom Roberto S S 15º S
21 Mogadouro 19 A lareira Si S 12º S
21 Vila Real 19 Terra de montanha S S 13º S
24 Viana do Castelo 19 Tasquinha da Linda R S
25 Alijó 18 Cêpa torta BG S 47º S
25 Braga 18 Arcoense S 59º 42º S
25 Ponte de Lima 18 A tulha S S 18º S
25 P de Varzim 18 Marinheiro R S S S
29 Louredo 18 Cozinha da terra 1Sol 93º GO
29 Vila Real 18 Cais da Villa R S
31 Chaves 17 A talha R S 53º S
32 Melgaço 17 Adega do sossego R S 11º
32 Vila Real 17 Chaxoila R 12º S
34 Arcos Valdevez 16 Costa do Vez S S 42º S
34 Braga 16 Inácio R S 84º S
36 Ponte de Lima 16 Vaca das cordas S S
37 Mirandela 15 O grês S 13º S
38 Caminha 14 Solar do pescado R S 39º
38 Chaves 14 Adega Faustino S 19º S
38 Guimarães 14 Cor de tangerina S S 18º
38 Macedo de Cav. 14 O montanhês S 20º S
38 Moledo 14 Ancoradouro R 40º S
38 Monção 14 7 à 7 R S S
38 Carviçais 14 O Artur S 18º S
38 Viana do Castelo 14 Taberna Valentim R S 43º
38 Viana do Castelo 14 O pescador S S 19º

Analicemos máis polo miúdo os vinte primeiros restaurantes cos datos que apunta a guía Boa cama, Boa mesa do diario Express.

1. Largo do Paço
André Silva
Hotel Casa da Calçada
Largo do Paço 6
Amarante
351 255 410 830
www.casadacalcada.com
GPS: 41.268471N,  08.077637O
Cociña: Autor
Prezo: 65-80€
BCBM: Espazo único en Portugal, sorprende a cada minuto dunha refección que se revela, máis do que unha oda ao padal, nun verdadeiro festín para os cinco sentidos.

2. Ferrugem
Renato Cunha
Rúa das Pedrinhas 32
Portela. Vila Nova de Famalicão
351 252 911 700
www.ferrugem.pt
GPS: 41.461792N,  8.448465O
Cociña: Autor
Prezo: 38-50€
Peche: Luns. Domingos e festivos pecha pola noite.
BCBM: Proxecto gastronómico irreverente e ousado, palpitante, desconcertante e inesperado. Por riba de todo, harmoniza dun xeito perfecto a forza dos sabores portugueses cunha creatividade sen límites e, moitas veces provocadora.
Visita de Como, logo existo

3. São Gião
Pedro Nunes
Avda. do Comendador Joaquim de Almeida Freitas 56
Moreira de Cónegos. Guimarães
351 253 561 853
GPS: 41.379868N,  08.354716O
Cociña: Autor.
Prezo: 40-50€
Peche: Luns e festivos. Domingo pecha pola noite.
BCBM: Sala espaciosa, bonita e ben decorada, onde o destaque vai para a lareira do centro. As tradicións son ponto de partida na súa filosofía e, apesar de que Pedro Nunes é un creativo, toma sempre como base do receitario tradicional.
Visita de Como, logo existo

4. DOC
Rui Paula
Cais da Folgosa, EN222
Folgosa do Douro. Armamar.
351 254 858 123
www.ruipaula.com
GPS: 41.151703N,  07.682040O
Cociña: Autor
Prezo: 40-60€
BCBM: Nunha das paisaxes máis fermosas do país. Asume o reto de ter nacido para facer historia e o de ser o catalizador da modernidade gastronómica da rexión do Douro.
Visita de Como, logo existo

5. Carvalho
Ilda da Conceiçâo Reis Lobo
Largo das Caldas s/n
Chaves
351 276 321 727
www.resturantecarvalho.pt
GPS: 41.737877N,  07.470258O
Cociña: Tradicional portuguesa.
Prezo: 17-30€
Peche: Domingo noite, luns.
BCBM: Máis que un restaurante, unha especie de museo onde a historia e a tradición rexional crúzanse coas receitas máis clásicas, servidas para perpetuar todo o legado gastronómico da rexión de Trás-os-Montes.

6. Flor de sal
Manuel Gonçalves
Parque Doutor José Gama 348
Mirandela
351 278 203 063
www.flordesalrestaurante.com
GPS: 41.486141N,  07.186636O
Cociña: Autor. Contemporánea.
Prezo: 30-40€
BCBM: Sem dúbida, un dos restaurantes máis bonitos de Portugal; non só polo enclave, o río e a vista para Mirandela, como pola súa arquitectura moderna e atrevida. Os pratos son chamadas à memoria, tradicións e saberes da rexión de Trás-os-Montes, presentados dun xeito moderno, sofisticado, irreprochable.
Visita de Como, logo existo

7. Solar Bragançano
António Bóia
Praça da Sé, 34 1º
Bragança
351 273 323 875
GPS: 41.805992N,  06.756977O
Cociña: Rexional. Tradicional.
Prezo: 20-30€
Peche: Luns
BCBM: Solar do século XVIII, o que lle garante un ambiente acolledor e romántico. Servizo atento e ementa tramontana con destaque para os pratos de caza.

8. Camelo
Quinta de São João
Rúa de Santa Marta 119 EN202
Portuzelo. Viana do Castelo
351 258 839 090
www.camelorestaurantes.com
GPS: 41.709393N,  08.772118O
Cociña: Tradicional. Portuguesa.
Prezo: 20€
Peche: Luns
BCBM: Coñecido polo ambiente familiar e pola confección primorosa de delicias rexionais como o cabritiño ou o arroz de cabidela. Carta de viños das máis completas da rexión.
Visita de Como, logo existo

9. Cozinha da Sé
Rúa Dom Frei Caetano Brandão, 95
Braga
351 253 277 343
www.cozinhadase.pt
GPS: 41.549984N,  08.428520O
Cociña: Portuguesa. Rexional
Prezo: 20-30€
Peche: Luns
BCBM: Mestura entre pasado e presente coa idea de presentar no prato o mellor destes dous mundos. Versión actualizada do mellor que se fai na gastronomía rexional miñota. Impresionante carta de viños.
Visita de Como, logo existo

9. Castas e pratos
Tiago Moutinho
Rúa José Vasques Osório s/n
Peso da Régua
351 254 323 290
www.castasepratos.com
GPS: 41.157883N,  07.783367O
Cociña: Portuguesa. Moderna
Prezo: 30-50€
BCBM: Nos antigos almacéns dos camiños de ferro. Gastronomía moderna e creativa sen esquecer os mellores sabores dourenses.

11. Douro In
Avda João Franco s/n
Peso da Régua
351 254 098 075
GPS: 41.160919N,  07.789907O
Cociña: Contemporánea. Portuguesa
Prezo: 30-40€
BCBM: Fantásticas vistas sobre o Douro. Decoración mestura de ambiente rústico con detalles de deseño (Philippe Stark). Carta varía con frecuencia; pratos de cariz tradicional evolucionados na técnica e na presentación.

11. A Carvalheira
Maria Teresa Gomes
Rúa do Eido Velho s/n
Ponte de Lima
951 258 742 316
www.acarvalheira.com
GPS: 41.738693N,  08.562089O
Cociña: Rexional. Portuguesa
Prezo: 20-30€
Peche: Luns
BCBM: Casa de pedra con ambiente acolledor e trato familiar. Especialidades miñotas destacando o cabrito asado e o sarrabullo. Non perder as sobremesas caseiras.
Visita de Como, logo existo

13. O Geadas
Iracema Gonçalves
Rúa do Loreto s/n
Bragança
351 273 326 002
www.geadas.net
GPS: 41.801140N,  06.762101O
Cociña: Tradicional. Rexional. Portuguesa
Prezo: 20-30€
Peche: Domingo noite
BCBM: Referencia nacional en gastronomía tradicional. Sobresae o mellor produto que a rexión ofrece. Presentacións moi coidadas. Caza.

14. Bagoeria
Avda Doutor Sidónio Pais 495
Barcelos
351 253 809 500
www.bagoeira.com
GPS: 41.531559N,  08.616825O
Cociña: Tradicional. Portuguesa
Prezo: 20-30€
BCBM: 400 anos de historia. Aínda maior que a capacidade (para atender a 700 pesoas) é a cualidade da oferta gastronómica e o servizo do equipo de sala e de cociña. Carta de pratos tipicamente miñotos servidos como deus manda.

15. O Victor
São João de Rei
Póvoa de Lanhoso
351 253 909 100
www.ovictor.com
GPS: 41.622162N,  08.293664O
Cociña: Tradicional. Portuguesa
Prezo: 20-30€
BCBM: Un dos máis afamados restaurantes do norte do país, moito grazas ao delicioso bacalhau assado na brasa con batatas a murro.
Visita de Como, logo existo

16. Pedra Furada
Nuno Amorim
Rúa Santa Leocádia 1415
Pedra Furada. Barcelos
351 252 951 144
www.pedrafurada.com
GPS: 41.473225N,  08.633492O
Cociña: Rexional. Tradicional. Portuguesa
Prezo: 10-20€
Peche: Luns
BCBM: Nun dos camiños de Santiago, é parada regular dos peregrinos. A cociña trata moi ben os pratos rexionais e, como mostra, o premiado Galo. Abastecido con carnes e hortalizas de produción propia.

16. Histórico by Papaboa
Rúa de Valdonas 4
Guimarães
351 253 412 107
www.papaboa.pt
GPS: 41.443321N,  08.294251O
Cociña: Tradicional
Prezo: 15-35€
Michelín: Casa señorial do século XVII. Dispón de varios espazos; o restaurante principal rústico-moderno. Cociña tradicional ben elaborada e con porcións xernerosas.

16. Maria Rita
Rúa da Capela s/n
Romeu. Mirandela
351 278 939 134
www.quintadoromeu.com
GPS: 41.529736N, 07.058845O
Cociña: Tradicional. Portuguesa
Prezo: 10-25€
Peche: Domingo noite, luns
BCBM: Fica nunha sosegada aldea transmontana, nunha casa completamente recuperada. Nun ambiente único serve antigas receitas rexionais, acompañadas de viño tinto Romeu.

19. Centurium
António Costa
Hotel Bracara Augusta
Avenida Central 134
Braga
351 253 206 260
www.bracaraaugusta.com
GPS: 41.551285N,  08.419786O
Cociña: Rexional. Portuguesa. Moderna
Prezo: 20-30€
Peche: Domingos. Festivos
BCBM: Restaurante agradable no que impera o charme e o requinte. Produtos de cualidade nunha cociña actual inspirada en pratos rexionais.

20. Egoista
Hermínio Costa
Casino da Póvoa
Passeio Alegre s/n
Póvoa de Varzim
351 252 690 888
www.restauranteegoista.com
GPS: 41.378651N,  08.766106O
Cociña: Autor
Prezo: 65€
Peche: Só abre venres noite e sábado noite
BCBM: Decorado de forma sublime, con obras de arte de autores recoñecidos; ambiente sofisticado e diferente. As probabilidades de saír satisfeito e con desexo de volver son altas. Cociña técnica, creativa, que transmite moita paixón.

Ademais das referencias neste mesmo blog aos restaurantes mencionados, antes de inauguralo pasamos por outros locais que aparecen nesta selección:

Largo do Paço. Aínda estaba de chef Ricardo Costa. Xa choveu. Logo aínda pasaron outros (Vitor Matos) ata chegar ao actual, André Silva. Non tivemos sorte aquel día; coincidimos cunha voda, menú do día… Non estivo á altura das altas espectativas que crea, pero estou certo de que foi mala sorte. Estamos pendentes dunha próxima visita. Xa vos contarei.

Bagoeira. Típico restaurante portugués dos de antes. Enorme. Boa comida portuguesa a prezo moi razoable. Absterse de ir nos días de feria.

Pedra Furada. Hai bastante tempo. Lembro como unha comida especial; tradicional pero moi ben. Prezo medio.

Centurium. No centro de Braga. Cociña tradicional nun espazo moi coidado. Lembro un bacallao e un arroz de marisco. Ben. Prezo medio.

Solar Bragançano. Pasaron demasiados anos. Lembro un local tipicamente portugues, recargado, facendo patria. Moi boa comida. A verdade, non lembro moi ben o prezo.