no espazo gastronómico do mercado do berbés

O Espazo Gastronómico vén de abrir no remodelado Gastromercado do Berbés.
Trátase de complementar a venta típica da tradicional praza de abastos de Vigo cun espazo de alimentación e ocio.

Espazo Gastronomico Berbes 07

Malias pretensións modernistas (‘Concept Big Craft‘) o modelo non é novo.
En Portugal, e con lixeiras (ou non tan lixeiras) matizacións, levan tempo funcionando cun éxito contrastado. Baste citar os mercados da Ribeira e Campo de Ourique en Lisboa ou o mercado de Boavista en Porto.
A idea base é establecer un espazo de mesas común arrodeado de balcóns que ofrecen diversas suxestións gastronómicas.

Espazo Gastronomico Berbes 04

En Portugal, cada microespazo ofrece a súa proposta tanto en comida como en bebida; no mercado do Berbés as bebidas están monopolizadas por Estrella Galicia que, baixo ese concepto de ‘artesanía ao grande’, actúa como motor do espazo.
En Portugal a oferta é ampla e variada e non resulta difícil atopar a sinatura de grandes chefs nas propostas gastronómicas; a variación vai do máis actual ao máis tradicional, do pequeno bocado gourmet ao prato completo de sempre; a carón do balcón de sushi pode estar un de bacallau ou de leitão da Bairrada.
E, por último, para chegar ao éxito (local e turístico) en Portugal houberon de traballar moito na calidade dos espazos e na promoción publicitaria.

espazoberbes2

A oferta gastronómica do Gastromercado do Berbés céntrase nas seguintes propostas (por orde de ‘aparición’):

Espazo Gastronomico Berbes 09
Cheese Lar: táboas de queixos, embutidos, patés, etc.

Espazo Gastronomico Berbes 10
Hei Wok: woks

Espazo Gastronomico Berbes 12
La Pepita: hamburguesas gourmet

Espazo Gastronomico Berbes 08
Luigi’s: pizzas ao corte e doces

Espazo Gastronomico Berbes 17
A Riquiña: Croquetas, empanadillas… E sobremesas

Espazo Gastronomico Berbes 16
De pata en pata: polbo á feira ou con queixo en pan

Espazo Gastronomico Berbes 15
Trisca: empanadas gourmet

Espazo Gastronomico Berbes 05
E todo regado con cervexas (de barril, de botella, galegas, do mundo…), sidra, viños…

Nos xogamos ao seguro e tomamos unhas hamburguesas de La Pepita, marca local que está a estenderse por media España. Para demostrar que pode haber comida rápida e barata sen caer necesariamente na comida-lixo.
… E co punto extra de que ofrecen todas as hamburguesas do menú en variedade sen glútem (e por certo, moi, moi boas; o pan, incluso mellor que o pan ‘normal’).

Espazo Gastronomico Berbes 13 Espazo Gastronomico Berbes 14

Só o tempo será xuíz do futuro desta aposta gastronómica.
Ten Vigo mercado para dous espazos baixo este mesmo concepto?
Está o Berbés un pouco fóra de man para os potenciais clientes locais? Vanse facer competencia co mercado do Pogreso?
E, non caso do Berbés estar pensado para turistas, non debería ter unha oferta algo máis autóctona?
E, nos arredores do Berbés, no Casco Vello, non hai oferta abondo (variada e contrastada) para un novo competidor sen unha liña clara?

En fin. Os meus mellores desexos para este espazo gastronómico do Berbés. Ogallá teña éxito… Pero o certo é que estamos a falar dun mércores de agosto sen posibilidade de praia e, entre dúas e dúas e media, estabamos nós sós en todo o espazo.

Espazo Gourmet Mercado Berbés
Rúa Teófilo Llorente 18
36201 Vigo (Pontevedra)
698 137 244
Facebook
GPS: 42.238799N  8.728655O
Cociña: Cheese Lar, Hei Wok, La Pepita, Luigi’s, A Riquiña, De pata en pata, Trisca, Estella Galicia.
Horario: de 12 a 00


Translate »