nixon en a estrada

O restaurante Nixon é un clásico galego de probada traxectoria desde 1975. Hoxe, rexentado xa por unha segunda xeración, mantén as claves que o levaron ao éxito (apenas sen actualización).

AEstrada-Nixon

Levábamos máis de dez anos sen ir polo Nixon e, planificando a visita ao poboado mineiro de Fontao (Vila de Cruces), aproveitamos a conxuntura.
Lembraba o Nixon dos mellores tempos. Tiña memoria duns entratantes e sobremesas especialmente coidados, e os pratos excepcionais de salmón ou carne. Pero había máis de dez anos que non pasabamos por alí.
Foi coma unha especie de viaxe no tempo. A carta, de corte galego-burgués, segue a ser a mesma; a cociña non cambiou (se acaso cae un chisco nos acompañamentos), a entrada polo bar, o comedor (acorde coa cociña, no seu tempo agradable, sobrio, requintado…, hoxe bastante caduco)… A única novidade, as caras.
Pero o que non se pode negar é o seu papel na moderna gastronomía galega e o seu paso por asociacións gastronómicas como Xantares (Breve historia da restauranción pública galega).

logoNixon

A carta, polo que lembro, apenas mudou. Entrantes na liña das luras fritidas (10€), as vieiras ao natural (16€), ou o paté caseiro de fígado de pato (13€). A carta inclúe algúns arroces (con lumbrigante, 48€ para dúas persoas) e pastas (cogumelos con pasta fresca e mollo de trufa, 13€). Os peixes, moi centrados no salmón (ensalada de salmón afumado con ovas de ourizo 14€, salmón con verduriñas en galleta de sésamo 11,5€, salmón á vinagreta de pementos do piquillo sobre tella de allo 11,5€…). E carnes como o solombo de ibérico con mazá confeitada e redución de Porto 18€, o entrecosto de tenreira galega 16€ ou o pombiño ás dúas texturas con puré de coliflor e cebora 22€.

Restaurante Nixon 04Restaurante Nixon 05Restaurante Nixon 07

Empezamos compartindo o revolto de queixo de tetilla con ovas de ourizo, as croquetas de marisco e o salteado de verduras e boletus con vieiras. Ben as croquetas e o salteado, algo máis neutro o revolto.

Restaurante Nixon 08Restaurante Nixon 09
Restaurante Nixon 10Restaurante Nixon 11

Carmen o clásico salmón á prancha con cinco mollos, dous crocantes de salmón con mazá ao porto e redución de módena, e un codillo con falso chucrut e puré de patacas (en vez do puré, pataca fritida).
Todo estaba ben, correcto, pero sen máis. OK que diría Alfonso. Non houbo ningún detalle na comida que sorprendense. Todo demasiado ‘correcto’, demasiado previsible, bastante neutro.

Restaurante Nixon 12Restaurante Nixon 13
Restaurante Nixon 15Restaurante Nixon 16

As sobremesas seguen a ser as clásicas pero, neste caso, non me cansaron. As filloas (con recheo de mel ou nata á parte), o turbante de mazá con requeixo e xeado de canela e a milfollas de chocolate con flan de laranxa. A miña, a milfollas, segue a ser unha sobremesa espectacular.

Bebemos un Vivanco crianza, augas e un café, e pagamos 28€ por persoa.
Non está mal. Pide unha actualización a todos os niveis pero mantén o tipo e segue a ser unha opción a ter en conta na zona.

Por certo, un día destes falaremos do poboado mineiro de Fontao, unha obra dos anos 50 construída segundo as bases do movemento moderno con proxecto de César Cort e Basilio Bas e que resulta absolutamente asombroso. Como adianto deixo unhas fotos.

Poboado Mineiro de Fontao 11Poboado Mineiro de Fontao 16Poboado Mineiro de Fontao 18Poboado Mineiro de Fontao 24Poboado Mineiro de Fontao 27Poboado Mineiro de Fontao 28

Restaurante Nixon
Lucía Casal
Avenida de Ponteareas 14
A Estrada
36680 Pontevedra
986 570 261
www.restaurantenixon.es
GPS: 42.689620N, 8.485710O
Cociña: tradicional galega
Peche: domingo noite
Prezo: menú degustación 36€. Prezo medio 30€


Translate »