merendeiro casa pozas. cabeiro, redondela.

Merendeiro Casa Pozas. Cabeiro, Redondela. A merenda-cea en Pozas foi todo un éxito. Ampla carta de tapas tradicionais, boa cociña e prezos estilo furancho.

Casa Pozas Cabeiro-Redondela

Trátase dun local clásico, sen pretensións, con mesas corridas, e no que se vai a merendar pensando en gastar poucos cartos. A carta de tapas é bastante ampla (tortilla 6,5€, zorza 5€, morro-orella 5,5€, pementos 5€, croquetas de xamón, empanadas, bocatas e boa selección de tortas a 2,5€ a ración). Para o xantar do sábado e o domingo, ademais, bacallao cocido con patacas (7€), carne estufada (7€), carne ao caldeiro (7€), costeleta de tenreira con patacas (8€) ou polbo cocido con patacas (7€)

Merendeiro Casa Pozas Empanada

A Casa Pozas vaise, de entrada, polas empanadas. Probamos dúas: a de xoubas e a de bacallao con pasas. As dúas magníficas. O éxito está no compango: tenro, zumento, nada graxento e saborosísimo. Non podo dicir cal das dúas me gustou máis, pois ambas raian a un nivel moi alto (imaxino que ao mesmo nivel que as outras dúas da carta: a de chocos e a de zamburiñas). Cada ración de empanada, 4 euros.

Merendeiro Casa Pozas Empanada xoubas Merendeiro Casa Pozas Empanada bacallao

Pasamos, logo, a unha xoubiñas fritidas que estaban de escándalo (8€ pola ración de unha ducia e media).

 

Merendeiro Casa Pozas Xoubas

Bebimos un vaso de viño cada un (albariño da casa e rioxa) e pagamos 9 euros por cabeza, prezo que, xunto coa variedade da oferta e a calidade da cociña, converten a Casa Pozas nunha moi boa elección para unha merenda-cea.
Convén levar roupa vella pois, como diría a amiga Bea, peca un pouco de cheiro a Ô de Fritanga.

Casa Pozas
Camiño da Milixosa 29
Cabeiro, Redondela
644 455 131
GPS: 42.256990N, -8.625352O
Cociña: Tapas, tradicional.
Peche: Abre os xoves, venres, sábados e domingos (festivos) a partir das 18h. Sábado e domingo a partir das 12h
Prezo: 8-12€


Translate »