menos mal que nos queda…

O dato, claro e sen reviravoltas: comer nun restaurante con estrela Michelín chega a resultar ata 6 veces máis caro nun restaurante do norte de Portugal que nun da Galiza.

portugalGalizaMichelin

A un, que procura estar ao día no que se coce nos restaurantes de Galicia e norte de Portugal e que vai deixando todo un ronsel de indicios cando navega por internet na busca do último dato, ás veces chégalle publicidade que, tras o tamiz da reflexión, pode transformarse en información.
Nos días previos ao san Valentín chegáronme varias ‘ofertas’ de restaurantes portugueses de postín para celebrar o día dos namorados cunha cea especial (seica algo moi típico en determinados ambientes do país irmán).
Poñamos dous exemplos: Restaurante Antiqvvm (Porto), coa súa acabada de estrear estrela Michelín, e sen deixar moi claro se con bebidas incluídas: 140€ por persoa (280 a feliz parella). Restaurante The Yeatman (Vila Nova de Gaia), tamén coa acabada de estrear, neste caso segunda estrela, con maridaxe incluído: 200€ (400 euros a parella).

portugalCorazon

Despois de superar o k.o. inicial (o dato pareceume demoledor), e de regresar á realidade dun mundo que non acaba de levantar a cabeza da crise, deume por pensar que tampouco se trata dun descubrimento novidoso, que ultimamente xa me estaban a chamar a atención os altísimos prezos dos restaurantes de elite en Portugal.

Así pois, mans á obra.
Para dar credibilidade ao estudo había que buscar datos homoxéneos.
O primeiro: para poder comparar, era necesario un menú o máis equivalente posible, e para isto, o mellor, era botar man aos diferentes menús de degustación que ofrece cada local (nas súas dúas versións máis extremas: curto ou máis longo). Segundo: o dato máis fiable sempre vai estar na fonte primaria; aquí topeime co problema insalvable de que hai restaurantes (poucos) que non teñen páxina web e outros (bastantes máis) que non inclúen os prezos na información da páxina; non era cuestión de comparar prezos provenientes de diferentes fontes. Terceiro: o criterio de selección; aquí si que a obxectividade non daba demasiadas opcións; entre soles e estrelas, e quizá por repercusión mediática e social, tirei pola Vermella. E cuarto: a Guía Michelín, na ficha de cada restaurane, inclúe un apartado co prezo máximo e mínimo do menú de degustación; presupoñendo (talvez moito presupor, pero non se me ocorreu solución máis fiable) que tratándose da mesma fonte a posibilidade de sesgo ou erro tería unha desviación semellante para todos os restaurantes, optei por dar conta deste dato.

E aquí están os resultados:

Prezo do menú de degustación en restaurantes con estrela Michelín

Restaurante

Localidade

Mínimo

Máximo

Medio

Nova

Ourense

28

56

42

Maruja Limón

Vigo

38

82

60

Yayo Daporta

Cambados

50

95

72,5

Alborada

A Coruña

50

50

Árbore da Veira

A Coruña

55

70

62,5

Culler de Pau

O Grove

57

90

73,5

A Estación

Cambre

57

77

67

As Garzas

Malpica

60

60

Retiro da Costiña

Sta Comba

65

100

82,5

Pepe Vieira

Raxó

69

84

76,5

Casa Solla

Poio

83

108

95,5

 

Media:

55,5

84,5

67,5

 

 

 

 

 

Pedro Lemos

Porto

80

120

100

Largo do Paço

Amarante

85

135

110

Casa de Chá

Leça

85

120

102,5

The Yeatman **

VN Gaia

90

145

117,5

Antiquum

Porto

110

110

 

Media:

90

130

108

Os resultados saltan á vista.
A interpretación, a análise… é fariña doutro costal que deixo para unha segunda entrega: menos mal que nos queda… Galicia.