menú do día en a curtidoría

Repetimos visita á Curtidoría (Compostela) para o menú do día; non nos defraudó. Local coqueto e agradable, servizo amable e rápido, e prezo de menú para a cociña da Curtidoría.

Santiago-ACurtidoria

Na rúa da Conga, moi cerca da catedral, nunha vella casona do século XIX, onde xa está consolidado coma un local emblemático na cidade.
Resulta especialmente atractivo tanto pola ubicación, como pola feitura do local e a súa decoración; comimos no pequeno comedor do fondo, especialmente agradable.
Venres ao mediodía e, sendo grande como é, estaba a tope (incluída unha voda familiar). Claro que o servizo e a cociña prestan especial esmero a que toda a experiencia teña un ritmo axeitado, sen esperas nin pausas intermedias.

A Curtidoria Santiago 12

O menú diario resulta máis que interesante (entrante, prato e sobremesa, nos tres casos a elixir entre dúas opcións, bebida e café, 13 euros persoa; coa particularidade de que ates de pasar á comida serven un pequeno snack –olivas e un paté de mexillón e queixo–).
Tanto a carta como a cociña da Curtidoría son tradicionais, con toques e produtos galegos e moita presenza da cociña mediterránea, destacando neste caso os arroces.
Entrantes fríos, Ensalada axitada de queixo de cabra (12€), Tostas crocantes de burrata fresca italiana (14€) Terrina de foie de elaboración caseira (14€)…
Entrantes quentes, Crocante de lagostinos con alioli (12€), Parrillada de verduras do día con ovo escalfado de curral (14€), Fabas de Lourenzá estufadas con ameixas e caviar de ourizo (16€)…
Peixes, Bacallau Faroe forneado en cazola de barro acompañado de patacas panadeiras (18€), Peixe do día.
Carnes, Pá de cordeiro asado en cazola de barro con patacas (22€), Faceiras de ibérico estufadas con habóns (16,5€)…
Arroces (todos para dúas persoas, prezo total), con peixe sapo e ameixas (35€), A banda (35€), con vieiras e un toque de tomate (35€), con verduras do día (33€), negro con chocos guisados na súa tinta (34€), risotto cremoso con lagostinos, espárragos trigueiros e parmesán (35€), fideuá negra con salmonetes ao forno (34€)…
Sobremesas, Torta de mazá e milfollas quente con bóla de xeado de vainilla (7,5€), ‘Sonioffee’ (doce de leite e plátano, 5€), Leite fritido (4.5€), Arroz con leite caramelizado (4.5€).

A Curtidoria Santiago 01A Curtidoria Santiago 02

No menú do día, hoxe, de entrantes, empanada de polbo ou crema de verduras. Os dous tiramos pola empanada e estaba ben boa; masa cun lixeiro toque follado, moi finiña e sen rezumar nada de mollo. Moi saborosa.

A Curtidoria Santiago 04A Curtidoria Santiago 06

E prato podía ser a pescada con vinagreta ou un estufado de tenreira. Un de cada para probar, e non defrauda ningún dos dous.

A Curtidoria Santiago 09A Curtidoria Santiago 11

Sobremesa a elixir entre milfollas con crema pasteleira ou a mousse de chocolate.

Tanto para o menú como a carta, local moi recomendable para revisitar de cando en vez. Á carta non é de todo barato, pero tampouco é para renunciar a unha agradable experiencia sen tirar a casa pola ventá.

A Curtidoría
Rúa da Conga 2-3
15704 Santiago de Compostela
981 55 43 42
www.acurtidoria.com
Facebook
GPS: 42.879833N  8.542894O
Cociña: tradicional, galega, mediterránea, arroces
Prezo: 30€
Peche: domingo noite