local enxebre – cociña caseira

O lar do carpinteiro (Rabuñade) é un deses locais que gusta ter a man. Para unha comida de batalla sen renunciar á calidade, para unha merenda en tardiña de verán.

O lar do carpinteiro 1

Local enxebre con cociña caseira é a definición que o propio Lar utiliza; e nada mellor para resumir a súa cociña e características.
Dous espazos diferentes (o bar e o restaurante), e terraza para o bo tempo. Sen pretensións, pero agradable.

Carta ampla que vai dende as tapas para tirar do viño (Croquetas 7,5€, Raxo 8€, Zorza 7€, Orella 6€, luras 9€…), as ensaladas (mixta 3€ e Carpinteiro 6€), as tortillas (entre 6 e 10€ segundo tamaño), os mariscos (Navallas 10€, Vieiras 3€ unidade, Ameixas á mariñeira 12€, mexillóns 6€…), ata chegar a unha ampla selección de carnes (Churrasco de porto 9€, de tenreira 10, Croca 12€, Faceiras Strogonoff 12€, Solombo ao roquefort 12€, Chourizo creoulo ou barrileiro 2€, Picaña ao estilo brasileiro 12€, Chuletón de vaca vella –segundo peso–, ou a parrillada especial Carpinteiro, 26€ para dúas persoas).

O lar do carpinteiro 6O lar do carpinteiro 7

Para abrir boca pedimos un dos buques insignia da casa, a Tosta de ventresca con pisto e caramelo (8€), aínda que tamén podería ter sido a de xamón (9€).
Está moi boa. O pan, con considerable altura, torradiño e co mollo dos ingredientes, moi rico; a ventresca con pisto resulta ser unha moi boa mestura.

O lar do carpinteiro 9O lar do carpinteiro 10

Seguindo coa recomendación de Emilio e Maribel, bos comedores que nos mandaron aquí (é deses sitios que corren de boca en boca), tomamos o bacallau na brasa (con tomate, pataca cocida e abundante aceite). Ración enorme coa particularidade de vir dividida nunha posta de considerable altura e outra bastante máis fina, o que garantizou un nivel de sal axustado aos dous gustos. Torrado por fóra e esponsoxo por dentro, sen pasarse no punto de cocción. Moi rico.

Bebemos un xerra pequena do mencía da casa e pagamos 12€ cada un (a ración de bacallau 11€ e a tosta 8).

Un deses locais a ter moi en conta para as merendas de verán no Salnés. Non esperedes luxos, cociña elaborada ou remilgos; pero si distensión, afabilidade, comida máis que decente e viños da casa.
Boa atención, bo produto, boa cociña e prezos populares, a nivel furancho, pero cunha importante oferta para un comida máis tradicional e non só tapeo.

O lar do carpinteiro
Rabuñade
Vilanoviña, Portas, Vilanova de Arousa
661 780 268
Facebook
GPS: 42.562361N  8.698444O
Cociña: tradicional, tapas
Prezo: 15€
Peche: luns e martes; mércores a venres pecha ao mediodía (inverno).