guía tascas e petiscos. 2 o norte

Nesta segunda entrega presentamos recomendacións da publicación Tascas e Petiscos (Expresso) de locais no norte de Portugal, entre Minho e Lima (Viana, Arcos, Caminha, Ponte da Barca, Ponte de Lima).

tascasepetiscos

Na liña das entradas anteriores (Tascas e Petiscos, Guía Tascas e Petiscos – 1 Os chefs) trátase de resumir os locais que se recomendan na espléndida publicación do Expresso. Como ben proclama a propia guía é unha selección de ‘tascas’, ‘o obxectivo nunca foi escoller os mellores, mais si exemplos de locais onde servir petiscos é, casa máis que negocios, un auténtico pracer’.

Arcos de Valdevez
Tasca do Delfim. Rua da Praça 45, Arcos de Valdevez. 258 515 390 (41.843512N  8.415308O). ‘Boa comida e bo viño, ponto de encontro entre música e comida… sandes de presunto’

Caminha
Café Calçada. Lugar de Ribas, Venade, Caminha. 258 922 428. ‘Eximia cociñeira e profunda coñecedora dos máis tradicionais pratos miñotos’
Tasca do Manel. Rua Direita 32, Caminha. 938 026 134 (41.876782N 8.838580O). ‘Gábase do mellor prego do mundo; tamén os rissóis e as moelas guisadas’

Paredes de Coura
Leira de Cima
. Rua Conselheiro Miguel Dantas 33, 251 096 258 (41.912504N   8.561380O). ‘Proxecto de dous mozos… Oferta basta e saborosa… Bifanas, pernil, cogumelos, batata frita á moda do Miño, táboas de presunto e queixo…

Ponte da Barca
Taberna São João
. Rua de São João 3, 258 455 534 (41.808109N  8.420772O). ‘Caldo verde, pataniscas fritas no momento, moelas, presunto, caracois na época…

Ponte de Lima
Casa da Terra.
Passeio 25 de Abril 27, Antiga cadeia de mulheres, 258 941 040 (41.767405N  8.585245O). ‘Olivas á murro, chouriça de carne asada con broa, esfera de alheira revestida de améndoa torrada, chouriço de cebola con broa frita e pure de mazá…
O Escondidinho. Rua do Rosário 5, 258 942 828 (41.769053N  8.583876O).  ‘Receitas rexionais en sandes ou pequenos pratos para compartir. Fígados de cebolada, pataniscas, bacallau frito, rojões…
Os Telhadinhos. Recomendado por Hélio Loureiro. Rua do Rosário 24, Ponte de Lima. 966 711 297 (41.768901N  8.583906O). ‘O seu filete de bacallau fritido dentro de pan cunha cunca de viño verde tinto de Vinhao vale dez viaxes’.
Tasca o Gasparinho. Rua do Arrabalde, 258 938 307 (41.770619N  8.581802O). ‘Tasca rexional á antiga, bancos e mesas corridas, o prato sensación da casa é o bacallau frito, tamén minicroissants follados de chouriço e queixo ou as pataniscas de bacallau’.

Viana do Castelo
Casa Primavera – Taberna Soares. Rua Góis Pinto 57, 258 821 807 (41.690512N  8.833427O).  ‘Dedícanse aos sabores do mar. Ovas, búzios, mexillóns, percebes, caramujas, navalheiras, sapateira…
Café Caçana. Lugar de Espantar, Montaria, Viana do Castelo. 969 188 304 (41.791023N  8.729839O). ‘Pódense probar moelas, rojões, salsicha grellada, pratos de queixo e presunto… Pero o que leva ata alí aos clientes é o champarrillão, bebida forte, tradicional do Norte litoral a base de viño verde (tinto ou branco), cervexa e un pau de canela’.
Tasca do Necas – Vieirinha. Santa Marta de Portuzelo, EN-202, 258 831 643, (41.709886N 8.766884O). ‘Serve 800 kg de moelas ao mes’

Etiquetado en: , , ,

Translate »