guía tascas e petiscos. 1 os chefs

Unha vez feitas as presentacións (Guía Expresso Tascas e Petiscos), hoxe toca empezar polas recomendacións de tascas e tabernas no norte de Portugal. E, para iso, nada mellor que recorrer ás suxestións que fan algúns dos principais chefs do país.
Vai ordenado por localidades e de menor a maior distancia á fronteira en Tui-Valença.

Ponte de Lima
Hélio Loureiro (Web. Un dos máis clásicos. Televisivo. Hoxe no restaurante do Douro Royal Valley Hotel&Spa de Baião).
Os Telhadinhos. Rua do Rosário 24, Ponte de Lima. 966 711 297. ‘O seu filete de bacallau fritido dentro de pan cunha cunca de viño verde tinto de Vinhao vale dez viaxes’.

Vila Nova de Famalicão
Renato Cunha. (Restaurante Ferrugem, Vila Nova de Famalicão. Un dos mellores restauranes do norte de Portugal).
Zé das Fontes. Praza de D. Maria II 702, VN de Famalicão. 252 322 291. ‘A oferta varía cada día. Iscas de fígado de vitela, Rojões, orella de porco, bacallau fritido, sardiñas fritidas, pataniscas ou boliños de bacallau…

Guimarães
Hélio Loureiro
Adega dos Caquinhos. Rua da Arrochela, Guimarães. 253 516 917. ‘Cociña co encanto natural de quen ama o que fai –D. Augusta–. Rojões, bacallau de cebolada, arroz de cabidela, bolinhos de bacallau’.

Vila do Conde
Marco Gomes (Restaurante Oficina Porto. Á parte doutros proxectos, soubo manterse por moitos anos no Foz Velha,, tamén en Porto).
Café Mar à Vista. Largo D. Pedro IV, Praia do Mindelo, Vila do Conde. 252 671 197. ‘Os mellores camaróns e navallas… Logo, un prego no pan acompañado da mellor cervexa de presión do mundo’

Porto
João Rodrigues (Feitoria, Lisboa. Estrela Michelín. Chef moi laureado).
O Buraquinho. Praça dos Poveiros 33, Porto. 222 050 183. ‘Papas de sarrbulho, caldo verde, sandes de lomo, bucho con tripa… Prato de enchidos e carnes’.
José Avillez (Web. Belcanto, Lisboa, Dúas estrelas Michelín. O número un da actual cociña portuguesa).
Adega de S. Nicolau. Rua de São Nicolau 1, Porto. 222 008 232 ‘Non perder as pataniscas de polvo con arroz do mesmo’
Ljubomir Stanisic (100 maneiras, Lisboa. Nado na antiga Iugoslavia e adpatado a Portugal cun gran éxito).
Casa Inês. Rua de Miraflor 20, Porto. 225 106 988. ‘Filetes de polvo únicos, tripas á moda do Porto óptimas, bolinhas de bacallau’.
Miguel Rocha Vieira (Fortaleza do Guincho, Cascais. Mediático –Masterchef Portugal-. Tres estrelas Michelín, unha –herdada- na Fortaleza do Guincho e dúas en sendos restaurantes en Budapest)
Gazela. Travessa do Cimo de Vila 4, Porto. 222 054 869. ‘Probablemente o mellor cachorro quente do mundo’
Rui Paula (Web. Casa de Chá da Boa Nova, Leça de Palmeira, Estrela Michelín. Un dos chefs máis consolidados do norte)
Casa Nanda. Rua da Alegria 394, Porto. 225 370 575. ‘Ambiente familiar con esa simpatía inherente aos portuenses. Na comida, destaco o xeito como presentan os sabores: é irrepreensível’.

Amarante
Marco Gomes
Casa Ventura. Rua do Castanheiro Redondo 1228, Telões, Amarante. 255 482 211. ‘Santuario da gastronomía rexional. Peixe abafado, bacallaus, ovos rotos, ceboliñas e pementos bravos, carnes grelladas, enchidos…
Taberna Don Rodrigo. Rua 31 de Janeiro 40, Amarante. ‘Maravilhosa sandes de presunto
Vítor Matos (Web. Antiqvvm, Porto, Estrela Michelín. Despois do seu paso pola Casa da Calçada).
Taberna do Coelho. Rua da Boavista 393, Amarante. 255 422 664. ‘Tapas: bola de carne, migas, revoltos con cogumelos, caldeirada de shiitakes. O seu punto forte é o cabrito asado, dos mellores da rexión’.

Vila Real
Vítor Matos

Restaurante Cardoso. Rua Miguel Bombarda 42, Vila Real. 259 325 329. ‘Unha das mellores francesiñas de Portugal, na que o segredo está no mollo’.

Chaves
Vítor Matos
Casa de Souto Velho. EN211, 12, Souto Velho, Chaves. 276 999 250. ‘Produtos da propia quinta. Fumeiros caseiros. Alheira de porco bísaro con grelos. Un dos mellores cocidos á portuguesa transmontanos’.

Bragança
Óscar Geadas (Facebook. Restaurante G, Bragança. Herdeiro e dinamizador da dinastía Geadas)
Taberna do Javali. Rua D Fernão 48, Bragança. 936 854 789. ‘O menú comenza cunhas pequenas tapas de perdiz en escabeche seguidas dun bocadillo ou dunha hamburguesa de xabaril.
Tasca do Zé Tuga. Rua da Igreja 68, Bragança. 273 381 358. ‘O prato rei é a costela mendiña de porco; ademais, táboas de enchidos e queixos cunha cervexa artesanal de castaña’.
O Copinhos. Rua Conde de Arães 9, Bragança. 934 206 251. ‘Casa de pasto con alma transmontana. Rojões de redenho de porco e olivas curadas na casa’.
Renato Cunha
Recomenda, tamén, a Tasca do Zé Tuga. ‘O irreverente Luis Portugal presenta fumeiros locais, queixos, aceites, escabeches, cuscus e froitos secos. Ademais, cataplanas’.

Etiquetado en: , , , ,

Translate »