guía de tascas e petiscos. 7. grande porto: norte litoral

Sétima entrega da Guía de tascas e petiscos do Expreso. Hoxe entran as recomendacións de locais no litoral ao norte do Porto: Matosinhos, Vila do Conde e Póvoa de Varzim.

tascasepetiscos

Todas as entradas anteriores poden consultarse en: A guía, o distrito de Vila Real, O distrito de Bragança, Braga (Braga, Barcelos e Amares), Braga (resto do distrito de Braga), O Minho e Recomendacións dos chefs.

Matosinhos
Salta o Muro

Rua Heróis de França 386, Matosinhos, 229 380 870.
Tasca emblemática de Matosinhos; para sentirse en casa. Decoración típica e bancos corridos de madeira. Peixe sempre fresco (sardinha 7€, linguado 13.50€).
Mister Couto
Rua Roberto Ivens 393, Matosinhos. 229 384 765.
Mestura de carnes e peixes en versión caseira. Berbigão à Bulhão Pato (7.90€), sertã de rojões (6.90€), pica-pau especial (con salsa de francesinha, 13.5€). Deliciosas sobremesas caseiras.
A Badalhoca do Fredo
Rua de Sao Pedro, 81, Matosinhos. 223 218 654.
Gran barra de petiscos variados. O máis clásico é a sandes de presunto (1.5€) acompañada da cunca de viño ‘espadal’ (1€). Hai bocatas de case todo o que se poida meter nun pan de fabricación propia.
Pestisqueira do Godinho
Rua do Godinho, 144, Matosinhos. 229 380 464.
Benvidas cunha cunca de viño a presión. Pataniscas de bacalhau (0.95€), pratiño de tripas ou entrecosto (2.74€)
Restaurante Tubarão
Rua do Sul, 65, Matosinhos. 224 031 477.
Comece por unha sopa do mar (3.5€), pase ás ameijoãs à Bulhão Pato (15€) e termine cun peixe do día, fresco e grellado no momento.

Póvoa do Varzim
Zé D’Amura
Rua Gomes de Amorim, 707, Póvoa de Varzim. 252 682 062
Disque as mellores francesinha da Póvoa. Para entreter, chamuças e rissóis. Local pequeno e sempre cheo.


Vila do Conde
Adega da Vila

Rua Comendador António Fernandes da Costa, 57, Vila do Conde. 961 258 237.
As amêijoas (6€) son unha das perdicións da casa. Polbo con mollo verde (7€), moelas (3.75€) ou chourizo asado (3.5€). En tempada hai caracois.
Capital – Sandes de Leitao
Praça José Régio, 137, Vila do Conde. 910 460 113
Naceu para facer sandes de leitão da Bairrada. En pouco tempo as francesinhas (7€), as alheiras e as hamburguesas pasaron a ser, tamén, de leitão.
Relíquia
Rua de Sao Bento, 87, Vila do Conde. 915 420 984
A lista, exposta na parede, suxire rojões (3.5€), tripinha (3.5€), moelas, pataniscas, pica-pau, queijo e presunto ou chourizo con ananás.