grande hotel de porto

Que turista en Porto non correu polas súas rúas detrás dos tópicos neoclásicos, da Art Decô, da Art Nouveau
A Livraria Lello, o mercado do Bolhão, a Casa Rosa de Serralves, o salón árabe do Palácio da Bolsa…
Quen non sufriu algunha vez a decepción de non atopar mesa para saborear un auténtico café no Majestic?
Café MajesticLibreria LelloCasa Rosa de Serralves
O domingo fixemos un novo descubrimento no Porto, fóra dos apertóns para atopar mesa, fóra dos circuítos multitudinarios, fóra de ollos riscados detras de cámaras dixitais compactas.
O restaurante do Grande Hotel do Porto.
O Grande Hotel está na rúa Santa Catarina, foi inaugurado no ano 1880 e, xunto co Avenida Palace de Lisboa, son os os dous únicos locais que sobreviven na guía Michelín despois de cen anos (os dous como hoteis).
A profunda e acertada remodelación de 2002 deixounos un hotel con todo o charme dos locais de finais do século XIX (espellos franceses, columnas, estucos, mármores, lámpadas de lágrima, alfombras…), recuperando os acabados e comodidades do século XXI.

Grande Hotel PortoGrande Hotel de PortoGrande Hotel de Porto

O restaurante é, simplemente, fantástico. Cando sentas e escoitas ao camareiro cres ter regresado ao século XIX e ser un daqueles adustos cabaleiros que colgan das paredes. Imaxinade o Majestic multiplicado en espazo, en acabados i en conservación. Non falta un detalle, os grandes espellos, as arañas do teito, o piano, os estucos con motivos florais , os floreiros de louza portuguesa, os tapizados granate…

Restaurante Grande Hotel PortoRestaurante Grande Hotel PortoRestaurante Grande Hotel Porto

A comida é tipo buffet e consiste en Ensaladas variadas, Salgados típicos (pataniscas, rissóis, croquetes…), Espelho variado de fríos (algún embutido), Sopa de Legumes, Feijoada de Mariscos, Postinha de vitela á mirandesa, Buffet de Sobremesas (froitas laminadas, bolo de chocolate, tarta de galleta, tarta de queixo, tarta de améndoa, etc., etc., etc. Fieis á súa tradición de doces, as sobremesas son numerosas).

Restaurante Grande Hotel Porto Restaurante Grande Hotel Porto

A comida está normal, con pratos mellores e peores, pero coa variedade que presenta, e por 15 euros comensal (domingos e festivos), ou 13 (resto da semana), e con ensaladas, a feijoada (como un arroz de marisco pero fabes no lugar de arroz) e barra completamente libre cos doces, o máis esixente pode saír satisfeito.
Ao almoço (comida do mediodía, non confundir co equivalente galego ou co pequeno almoço ou ‘desayuno’), serven todos os días o buffet, mentres que pola noite, os jantares (a nosa cea), son á carta cun menú tradicional portugués con guiños internacionais e un puntiño de innovación. Prezo á carta algo máis elevado.

Palacio do Freixo 01Palacio do Freixo Xardíns 04

Por certo, e falando de hoteis e de Porto, pola tarde fixemos unha fugaz visita á nova Pousada da Invicta, no Palácio do Freixo.
Facédeme caso, se queredes dedicarvos unha homenaxe, non dubidedes.
Restaurante Grande Hotel do Porto
Rúa de Santa Catarina 197
Porto 400-450
Telf: 222076690
Fax: 22 2076699
Web
E-Electrónico
XPS: 41º08’51″N 8º26’33″W
Localización en Google-Maps