félix taberna / casa de pasto o luís

Hoxe traio dous tabernas-tascas tradicionais que ‘coñecín’ grazas ao libro do Expresso Tascas e petiscos. A Taberna do Félix, en Braga, e Casa de Pasto O Luís, en Castelões, Guimarães.

tascasepetiscos

Ultimamente está a ser o noso referente para novas probas en Portugal, e, polo de agora, sempre con éxito.
(No caso da Casa de Pasto o Luís, son Luz e Luís os que veñen de lle facer unha visita; chegaron encantados. Leamos o que pon o libro: ‘A dois pasos de Guimarães, encontra-se aquel que será un dos pratos de bacalhau na brasa mais bem confecionados do país. Acompanha con batata a murro e azeite estalado ao ponto (9€). Para picar, há chouriço assado, alheira e moira. Tudo regado com o vinho da casa’.
E non só bacallau. Tamén a vitela assada ou o polbo.
A opinión é que, despois de esperar a media hora de rigor para que o bacallau sexa do momento e no seu punto, resulta efectivamente sensacional, cunhas pataquiñas a murro que daba gusto comelas; co servizo, unha botella dun viño reserva do Douro, unha sobremesa e cafés, pagaron sobre os 15€ cada un.
Ambiente rural para especialidades minhotas tradicionais. Din que é totalmente recomendable pero que hai que levalo ben marcado no GPS e que non hai que fiarse moito desa expresión de ‘a dois pasos de Guimaraes’
Recomendan, tamén, render aínda que sexa un modesto saúdo aos restos de são Torcato, no camiño de regreso a Guimarães)

PO-Braga-TabernaFelix

Na zona histórica da Sé de Braga, esta taberna tradicional com contornos de restaurante é local perfeito para provar alguns dos pratos típicos da gastronomia do Norte de Portugal, como o bacalhau com broa ou o arroz de pato. Para quem quer petiscar, porque há quem venha só com essa intenção, há, até horas tardias, uma salada do día (€6), tábua de queijos variados, queijo de cabra com endivias e até um bolo de chocolate caseiro que só não entra em concurso porque geralmente não sobra nada para contar história. Caso prefira algo mais clássico, há sempre umas pataniscas de bacalhau, folhado de alheira e uma abrangente tapa mista de petiscos. Dão igualmente atenção ao vinho, servindo várias referências ao copo’  (Guia Tapas e petiscos do Expresso).

20181102_13321920181102_133843

Local cen por cen Portugal, pequeno, abigarrado, con poucas mesas e sempre a tope. Servizo atento e dilixente. Carta ampla cos destaques mencionados pola Guía.
Despois do aceite para entreter, pedimos a tapa de queixos; ben, abundante para os 7€.

20181102_13584820181102_135912

Pataniscas com feijão frade e arroz e Arroz de pato. Boas racións; o meu arroz especialmente bo e recomendable; as pataniscas de bacallau algo grandes.

20181102_14273420181102_142803

Tarta de galleta e, como non, o bolo de chocolate.
Fóra desa teima de botar siropes prefabricados ás sobremesas, os dous doces estaban ben bos, aínda que eu voto polo meu bolo de chocolate.
Café, auga e botella pequena de Vallado (Douro) e pagamos 23€ cada un.

Recomendable para o que é: un local tradicional portugués agradable (a cabalo entre taberna e restaurante con algo máis de pretensións) que ofrece unha carta de especialidades da terra a prezos comedidos.

Casa de pasto O Luís
EM608 938 Castelões
4800-405 Guimarães
351 253 942 511
GPS: 41.553100N,  8.206533O
Cociña: tradicional miñota
Prezo: 12€

Félix Taberna
Largo da Praça Velha 18
4700-439 Braga
351 253 617 701
GPS: 41.549967N,  8.428783O
Cociña: tradicional portuguesa
Prezo: 15-25€
Peche: domingo


Translate »