eirado da leña

Para a segunda celebración do san Pepe, nesta ocasión con Pepe e Merce,  achegámonos ao Eirado da Leña, en Pontevedra. Vaia por diante que resultou, en Restaurante Eirado da Leña todos os sentidos, unha moi grata sorpresa. Ben é certo que a súa recente incorporación aos Nove era unha boa tarxeta de visita, pero había confirmar as expectativas. Eirado da Leña é o nome orixinal da Praza da Leña de Pontevedra, así é doado acertar co restaurante. Hoxe luns de Pascua, festivo en Pontevedra, e cun sol que había tempo que non catábamos, o casco vello de Pontevedra estaba exultante e o paseo ata chegar á praza animounos moi positivamente.
Xa dentro, o local está formado por dous pequenos comedores, unha barra ínfima, e pouco máis. Ambientación interior consonte o contorno: pedra, madeira, iluminación indirecta, coidado ata os mínimos detalles… a sensación de conxunto resulta moi agradable, cálida, tranquila. Sendo un luns ao mediodía, despois de semana santa e día hábil en moitos lugares de Galicia, había catro mesas ocupadas.

Restaurante Eirado da Leña ExteriorRestaurante Eirado da Leña ComedorRestaurante Eirado da Leña Interior

Á parte dunha carta bastante equilibrada, ofrece un ‘menú rápido’ e dous menús de degustación diferentes, entre 24 e 35 euros máis ive. En realidade só se trata de engadir pratos a unha mesma base: o menú de degustación curto é o mesmo que o menú rápido máis outro entretemento, un entrante e dúas sobremesas máis; tamén ofrece máis posibilidades de elección no peixe ou no pescado. O menú de degustación longo é o mesmo que o curto pero en vez de peixe ou carne, é peixe e mais carne; quizá tería quedado excesivo. Quedamos co menú de degustación curto acompañado dun tinto Régoa, mencía da Ribera Sacra; realmente bo aínda que nos quedou mágoa de non telo decantado.

Restaurante Eirado da Leña 6Restaurante Eirado da Leña AnchoaRestaurante Eirado da Leña 'Foie'Restaurante Eirado da Leña 'Spaghetti'Restaurante Eirado da Leña 12 Restaurante Eirado da Leña PescadaRestaurante Eirado da Leña 14Restaurante Eirado da Leña Régoa
Comezamos por unhas ‘Pipas de xirasol e cabaza salteadas’ e unha proba de ‘Aceites de oliva virxe’. A continuación pasamos a unhas ‘Anchoas do Cantábrico con queixo de tetilla e aceitunas negras’; as anchoas ‘feitas na casa’ eran perfectas e o queixo tan cremosiño como pode ser o mellor queixo galego; a mestura, non por coñecida perde orixinalidade, a anchoa e a tetilla combinan á perfección e, ao ser as dúas de primeira calidade, o resultado é fantástico. Logo puxérnonnos un ‘Foie feito na casa, compota de tomate raf, froitas e redución atemperada de módena’; tampouco se trata de ningunha novidade pero volvemos a toparnos cun bocado exquisito finamente preparado. Para rematar os entrantes tocoulle o turno a uns ‘”Spaghetti” carbonara’; en realidade tratábase dunha pasta chinesa sen ovo, sobre unha salsa e  cunha escuma que tiraba ao sabor do afumado; foi unha pena pois, por unha banda estamos ante o único lunar da comida: o prato viña demasiado morno, case frío; pola banda contraria, e mesmo a esta temperatura desafortunada, anunciaba un resultado realmente especial. De prato forte podiamos elixir entre peixe (pescada ou raia) e carne (rabo de boi e carrillo de cocho ibérico). Tanto a pescada como a raia, cocidos a baixa temperatura e sobre una cama de allada que se achegaba máis á emulsión que á tipica mestura de allo, pemento e aceite; os carrillos bastante especiados e potentes pero moi bos de textura e sabor.
Restaurante Eirado da Leña 15Restaurante Eirado da Leña 18Restaurante Eirado da Leña ChocolateRestaurante Eirado da Leña 20
A primeira sobremesa case era máis un snack que un prato en si: un bocado de ‘Requeixo das Neves con mel’, rico. Logo está o que para min foi o triunfo da noite, a ‘Crema de xenxibre, confitura de fresas e escuma de cítricos’, acertadísima mestura de sabores, texturas, acidez e dozura… en fin, un festín. Por fin os ‘Sabores e texturas de chocolate’ que, mantendo o tipo, e despois da que viñamos, quedaron un pouco en segundo plano.

En conxunto, magnífica comida, moi bo servizo, ambiente agradable… e non chegamos aos 40 euros por persoa. E todo seguindo a máxima dos cociñeiros: a primeira clave, o produto, a segunda clave, o produto, a terceira clave, o produto.
Iñaki Bretal e Roberto Filgueira
Enderezo: Praza da Leña 3
Localidade: Pontevedra (36002) 
Teléfono: 986 860 225
E-e:  
Web:
paxina dentro do grupo nove
XPS:  42º25’57″N / 8º38’36″W
Localización en Maps de Google
Gourmetour10: Mencionado
Repsol10: Recomendado
Verema: 6,3 (1)


Translate »