durmir no porto. os hoteis máis cool

Durmir nun cuarto de cine, nun antigo teatro ou nun palacio barroco deseñado por Nasoni. Na Baixa ou en Bombarda, desde 44€ o cuarto dobre con pequeno almoço ata pagar o que para nós pode ser practicamente o infinito.

Como dicía na introdución, nesta segunda entrada sobre onde durmir no Porto vou facer un percorrido polos doce últimos hoteis e similares que recomenda o blog O Porto Cool. Son os que o meu Blog de cabeceira no Porto chama hoteis de ‘charme’, todos eles con moito encanto, cada un co seu propio feitizo.

Gallery Hostel
Rua Miguel Bombarda 222
+351 224 964 313
Web
Cuarto para dúas persoas, 25€ persoa; para 6 persoas: 20€ persoa. En todo caso almorzo incluído.

galery_hostel  galery_hostel2

En plena zona das artes (rúa Miguel Bombarda). Cuartos bautizados co nome de artistas portugueses (Souto de Moura, Almeida Garret). Os cuartos dobres dan ao xardín e contan con total equipamento.

Casa do Conto
Rua da Boavista 703
+351 961 878 744
Web
En setembro de 2011, cuarto dobre (pequeno almoço incluído) desde 95€.

casadoconto  casadoconto2

Defínese baixo o modelo de ‘Arts&Residence’. Nunha casa do século XIX rehabilitada con moito criterio. Para amantes das artes que buscan máis que un simple lugar para durmir.

4 Rooms
Rúa Padre Luís Cabral 1015 (Foz)
+351 929 190 406
Web
Cuarto dobre con almorzo desde 110€

4rooms   4rooms2

Best&Breakfast. Edificio restaurado por Souto Moura incluíndo mobles e obxectos del mesmo e de Eames, Siza, Starck, Gray… Coida os detalles ao mínimo. O pequeno almoço gourmet planificado polo veciño Pedro Lemos.

Magnólia Hostel
Avenida Rodrigues de Freitas 387 (Bonfim)
+351 222 014 150
Facebook
Cuarto dobre con pequeno almoço desde 44€

magnolia_porto  magnolia_porto2

Hostel nunha casa rehabilitada preto do centro. Deseño xuvenil coidado. Ten cuartos dobres con todo o equipamento e tamén cuartos colectivos.

A Favorita
Rúa Miguel Bombarda 267
+351 916 148 253
Web
Prezo do cuarto dobre con almorzo desde 70€

afavorita  afavorita2

Pequeno hotel de charme (7 cuartos) no barrio das galerías de arte. Nunha casa antiga rehabilitada e decorada entre o deseño moderno e o moble de época. Conta con restaurante e xardín.

Hotel Teatro  (4 estrelas)
Rua Sá da Bandeira 84 (Centro)
+351 220 409 620
Web
Prezo do cuarto dobre con almorzo incluído desde 200€

hotel_teatro  hotel_teatro2

Hotel moderno e cosmopolita nun céntrico edificio de mediados do XIX, onde o vello Teatro Baquet. Primeiro ‘Design Hotel’ na cidade de Porto. Decoración preservando o ambiente do espectáculo e a escena –tons castaño e ouro– cun resultado ‘vintage cool’ de moito éxito en Porto. Restaurante e bar abertos ao púbico.

6Only Guest House
Rúa Duque de Loulé, 97 (Centro)
(351) 926 885 187
Web
Cuarto dobre con servizo completo e almorzo incluído, entre 65 e 80€

6only00   6only02

‘Casa de hóspedes’ con só 6 cuartos. En zona privilexiada do centro, edificio rehabilitado e decoración con deseño moi coidado, trato familiar, intimidade sen perder o seu carácter moderno e cosmopolita.

Pousada Palácio do Freixo
Estrada Nacional 108  (Campanha. No río, na saída para Gondomar)
(+351) 225 311 000
Web
Cuarto dobre con pequeno almoço a partir de 170€. Consultar ofertas.

palaciodofreijo   palaciodofreixo

O local das Pousadas de Portugal en Porto foi inaugurado en 2010. Pousada construída sobre o palacio barroco deseñado por Nassoni (S. XVIII). Decoración, confort, atención, luxo… todo exquisito, como corresponde ao modelo de ‘pousadas’.

Guest House Douro
Rúa Fonte Taurina, 99-101 (Ribeira)
+351 222 015 135
Web
Prezo cuarto dobre completo con pequeno almoço desde 130€

ghdouro2   ghdouro

Guest House nunha vella casa ribeirinha declarada Monumento Nacional (casa onde naceu, viviu e traballou Gomes de Saa). Local requintado, acolledor, en situación magnífica para a visita diurna e a movida nocturna de Porto.

Hotel Infante de Sagres  (5 estrelas)
Praza Filipa de Lencastre, 62 (Centro-Aliados)
+351 223 398 500
Web
Prezo cuarto dobre con almorzo desde 130€

infante_de_sagres  infante_de_sagres2

Para moitos o 5 estrelas por excelencia de Porto. En activo desde a década dos 50, vén de ser actualizado de xeito que mantén o seu carácter luxoso e requintado con toques de rabioso modernismo. Conta co restaurante Boca do Lobo, tutelado por Albano Lourenço, estrela Michelín no restaurante Arcadas (hotel Quinta das Lágrimas, Coimbra). Pertence á cadena Small Luxury Hotels of the World,

Rivoli Cinema Hostel
Rúa Dr. Magalhães Lemos, 83 (Centro, Aliados)
+351 220 174 634
Cuarto dobre a partir de 40€ con almorzo incluído. Cuartos para 4 persoas.

rivoli_cinema_hostel  rivoli_cinema_hostel2

Hostel de baixo custo moderno e divertido. Cada cuarto está decorado con motivos dunha película. Entre os espazos comúns conta cunha cociña totalmente equipada para ser utilizada polos hóspedes.

Hotel Star inn  (3 estrelas)
Rua Senhora do Porto, 930 (Paranhos)
(No cruce da Circunvalación coa Vía Norte)
+351 228 347 000
Web
Cuarto dobre a partir de 50€. Ver ofertas e programas especiais.

hotel_star_inn2   hotel_star_inn

Novo concepto de hotel de deseño low cost. Ofrece os servicios básicos que busca o viaxeiro, en cuartos de tamaño reducido e a prezos baixos, pero sen renunciar ao deseño, o confort e a tecnoloxía.

Os datos e fotos están sacados da web do propio hotel, nalgúns casos, ou no blog O Porto Cool. A orde que sigo é a de aparición no mencionado blog comezando polos máis recentes e incluíndo os doce últimos (O Star Inn, post de outubro de 2008). Se falamos do máis cool (aínda que haber, hainos) hai que poñer un límite.

Posted in varios and tagged , .