durmir no porto. durmir nun apartamento de deseño

Entrega 1: Durmir no Porto
Entrega 2: Dormir no Porto. Os hoteis máis cool
Entrega 3: Durmir no Porto. Durmir a prezo razoable

Porto-Panormica-dende-Gaia2_thumb30

Apartamentos turísticos sempre existiron.
No seu concepto clásico eran apartamentos en zona de praia, maltratados, equipados baixo mínimos, decorados cun gusto pésimo… ou mellor dito, sen ningún gusto.

ribeira  camas

Desde hai uns poucos meses proliferan en Porto diferentes ofertas de apartamentos turísticos que esnaquizan moldes.
Segundo unha das principais empresas dedicada a esta actividade (Oporto Tourist Apartments) a idea é sinxela: trátase de engadir espazo, servizos privados, liberdade de movementos, privacidade… á limpieza, confort e decoración dos mellores hoteis. Dalgún xeito, as vantaxes da propia casa…

oportotouristapartaments3  oportotouristapartaments  oportotouristapartaments2

Moitos dos apartamentos están en edificios clásicos rehabilitados con esmero para a súa utilización como hotel-apartamento. Hai oferta na maioría dos barrios quentes da cidade (Ribeira, Cedofeita, Antas, Trindade…). Apartamentos que van desde máis ou menos os 20 metros cadrados ata máis dos douscentos. A maioría esixen unha estancia mínima de dúas noites, pero hai algún que pide como mínimo a semana.
Practicamente todos os apartamentos contan con cociña e todo o equipamento necesario para a estancia (incluído en moitos casos wi-fi, terraza, posibilidade de animais, etc.). Para estancias curtas, a limpeza é antes e despois. No caso dunha semana ou máis, hai un día semanal de limpeza.
Unha das principais diferenzas está entre apartamentos que ofrecen propietarios particulares e os apartamentos de empresas que se dedican especificamente a esta actividade. Estes, normalmente, son moito máis coidados desde o punto de vista estético e dos servizos.
Convén consultar a fondo as características e condicións.

oportotouristapartaments1

Despois do meu modesto estudo, a oferta máis recomendable me parece a de Oporto Tourist Apartments. Conta con tres edificios: O Sao Domingos (Largo de S. Domingos, Nº 86, a praciña onde está o Palacio das Artes, a escasos metros de Ferreira Borges e a Bolsa), o Gustave Eiffel (Av. Gustavo Eiffel 208, na Ribeira, a poucos metros da ponte D. Luis) e o Comércio do Porto (R. do Comércio do Porto 71, detrás do Palacio da Bolsa).

comercio_do_porto  comercio_do_porto2

Os prezos varían segundo as variables típicas: localización, superficie, número de hóspedes, servizos, etc.
Podemos atopar un apartamento de 60m2 (seis persoas: 4+2) en Cordoaria por 370€ a semana (Cordoaria-Apartments / Oporto City Flats) e posibilidade dun so día por arredor de 60€, ou o ático ‘Clérigos’ para cuatro personas (40m2) no S. Domingos por 100€ noite (Clérigos Apartament / Oporto Tourist Apartments)

donamaria3  donamaria1  donamaria8

Cityflats é unha páxina que ofrece reservas na maioría dos apartamentos, nos da propia empresa, nos de OTA e en particulares. Dá moita información, imaxes e prezos para diferentes situacións (tempada, máis ou menos días, etc.).

Posted in varios and tagged .