de voda

Xa non sei cantos anos había que non ía a unha voda coma deus manda.
A última que lembro, daquelas de dez mariscos, peixe, cordeiro, outro peixe, carne, máis peixe… e por suposto torta nupcial de merengue… e servilletas ao vento…

_DSC7881  DSC08024

Por fortuna, os tempos cambian.
Os felices contraíntes eran Romi e Isaac.
O lugar, a praia de Menduíña.

Restaurante Menduiña 01

O menú… Unha sucesión de bocadiños perfectos no seu deseño, elaboración e presentación. Bocados clásicos (a pulpeira, o cortador de xamón de Extremadura, as ostras…), pero tamén un bo número de sorpresas que enseguida captaron a atención (e o padal) de todos os que estabamos alí.
Aí van, por orde de aparición en escea.

Voda Romi Cea 06
Xamón ibérico de landra DO Extremadura

Voda Romi Cea 07
Polbo á feira

Voda Romi Cea 13
Empanada de cocochas de pescada

Voda Romi Cea 15
Croquetas de xamón ibérico

Voda Romi Cea 14
Empanada de mexillóns con algas

_DSC7924
Croquetas de chacina e pementos de piquillo

Voda Romi Cea 21
Gazpacho de cereixas

Voda Romi Cea 16
Espetada crocante de lagostinos

Voda Romi Cea 19
Ostras

Voda Romi Cea 23
Bocados de pescada á galega 2.0

Voda Romi Cea 25
Risotto de choco con ali oli

Voda Romi Cea 26
Saquiños crocantes de Arzúa-Ulloa
con allo porro e marmelo

Voda Romi Cea 29
Faceiras de tenreira con crema de pataca

Voda Romi Cea 30
Bocados de solombo de tenreira con cebola caramelizada

Voda Romi Cea 09 Voda Romi Cea 10 Voda Romi Cea 11 Voda Romi Cea 12
A mesa de queixos

Voda Romi Cea 31
Granizado de mazá, limón e albáfega

Voda Romi Cea 32
Escuma de iogur con mango

Voda Romi Cea 33 Voda Romi Cea 35
Torta de mousse de chocolate branco
con cremoso de froitos do bosque

Aínda falta algunha que outra cousiña, á que xa non chegamos…
E, como dirían os clásicos, todo a fartar.
O rego tampouco se quedaba atrás: Largar de Cervera, The Flower and The Bee, Izadi crianza e Raimat brut nature.

En fin, queridos Romi e Isaac, de novo todos os meus parabéns.
Pola voda, claro… pero desde este recuncho de amantes do bo comer e mellor beber, unha felicitación moi especial pola elección, deseño e execución do voso particular ‘banquete’ de vodas.
Felicidades e moitos bicos de mel.