de tapa en cepa

Visita rápida e resumo rápido. Martes para comer; a tope; menú do día: primeiro, segundo, pan, bebida e café, 14€. Proposta diferente, boa cociña, servizo excelente e ambiente moi agradable.

Vigo-DeTapaEnCepa

Eles mesmo defínense coma un novo concepto en restauración, con cociña tradicional actualizada, con produto da terra coa mellor selección de tempada. Viños, tapas e pratos nun ambiente confortable e de deseño en dúas plantas: zona de tapeo e pinchos e sala comedor no primeiro piso.

DeTapaenCepa 02 DeTapaenCepa 05

Propoñen o mencionado menú do día, un Menú de tapas (4 tapas, pan e café) e un Menú gastronómico (2 entrantes, 1 prato, pan e café).

DeTapaenCepa 06 DeTapaenCepa 04

O menú, presentado nos manteliños de papel que utilizan na zona informal, moi amplo e variado. Numerosas tapas (Patacas alioli, Croquetóns de xamón, Lagostinos, Ovos para romper con xamón ibérico…) , chacinas e queixos (Chacina de boi, Tetilla, San Simón da costa, Touza vella, Rexo, Pa ibérica de landra…), tostas (Mini sandwich de follado e foie, Molletes de faceira ibérica, tosta de calamar…), ensaladas (César, Dous queixos…), produto estacional (os Escabeches, a Lamprea á bordalesa, a Caza, o Bonito, os pratos de culler…), os ‘fas food, feel good’  (Burritos, Mini hamburguesa de vaca galega, fish and chips de lura…), os peixes (ao forno ou á espalda, fritido, en guiso tradicional…), as carnes (estufados tradicionais con moita calma, de faceiras, rabo ou xarrete, año de leite ou bacoriño ao forno, cortes de tenreira ou vacún maior…) e, por suposto, os doces (Caniñas fritidas, Crema de queixo, Sorbetes, Coulant de chocolate, tártaro de froitas de tempada…).

DeTapaenCepa 11 DeTapaenCepa 12

Comimos, de entrante, un risoto de espárragos verdes, chícharos e febra de azafrán e un tártaro de bonito.

DeTapaenCepa 13 DeTapaenCepa 14
De prato, unha pasta á carbonara e unha croca de tenreira.

Todo moi ben. Xunto con dúas cañas e os cafés, os 14€ estipulados por persoa.

Outro posible menú do día (xoves 7 de febreiro de 2018): Salpicón de pescada, Potaxe de garabanzos, Revolto de alcachofas con xamón, Ensalada da horta; Solombo de porco á prancha con arroz e salsa de piquillo, Xurelo ao forno coa súa gornición, Strogonoff mixto con puré de castañas, Picantón asado estilo coreano (ollo, é picante).

Gustoume a comida, o espazo, a decoración, a atención, o servizo…
Gustoume que un día de semana, ao mediodía, tivese tanta xente. Sempre é un bo sinal.
Gustoume que teñan un menú especial para persoas celíacas (disque é un dos locais de Vigo onde mellor son tratados).

O prezo, 14€ polo menú do día, semella un pouco esaxerado; para ser menú do día, significativamente por riba da media. Pero a realidade é que se trata dun menú especial, moi coidado, ben presentado, en racións amplas… Non me pareceu caro.
Nalgún momento pasoume pola cabeza que a carta é moi, moi ampla, demasiado? A cociña, pode abarcar tanta variedade e cantidade? Se nos fiamos da cantidade de xente que había hoxe, parece ser que si.
Haberá que volver para probar algunhas das tapas (ou un menú ‘de verdade’) e ver como se portan con Alba.

De tapa en cepa
r/ Ecuador 18
36203 Vigo (Pontevedra)
986 47 37 57
986 11 39 33
GPS:
www.detapaencepa.com
Facebook
Cociña: tradicional actualizada
Peche: domingo
Prezo: 14€ menú do día