de mesas por portugal

Seguindo con listas e xogos de elite (ver Mellores restaurantes galegos en Madrid Fusión-14), hoxe dou o salto a Portugal para ver o que está a pasar alí segundo os nosos vellos coñecidos do Mesa Marcada.

Untitled-3

O pasado 20 de xaneiro, os responsables do Mesa Marcada (Duarte Calvão e Miguel Pires) fixeron pública a súa relación anual de ‘10 restaurantes e chefes de 2013’.

os_10_mesa_marcada_todos

Poucas sopresas nesta quinta edición.
No tocante aos chefs, a lista confirma o reinado indiscutible de José Avillez, que coloca o seu Belcanto no número un dos restaurantes, e que dobra en votos ao segundo cociñeiro, Vicent Farges, do clásico Fortaleza do Guincho.

Os_10_mesa_marcada_2013

Entre os 10 restaurantes, poucas novidades, se acaso, simple cuestión de orde:
1. Belcanto – Lisboa
2. Fortaleza do Guincho – Guincho (Cascais)
3. Ocean – Porches (A. Pêra)
4. Vila Joya – P.Galé (Albufeira)
5. Claro! – Paço de Arcos (Oeiras)
6. Feitoria – Lisboa
7. São Gabriel – Almancil
8. The Yeatman – VN Gaia
9. Tomo – Algés (Oeiras)
10. Largo do Paço (Casa da Calçada) – Amarante
Como vemos, temos que esperar aos postos 8 (The Yeatman) e 10 (Largo do Paço) para atopar nomes coñecidos do norte.

Restaurante Ferrugem 1

E logo, inmediatamente, no lugar número 11 asoma a cabeza o Ferrugem.
A día de hoxe debo dicir que o Ferrugem é o meu restaurante favorito do norte de Portugal. O Yeatman, si, sen dúbida, pero é deses restaurantes que tiran para atrás polo prezo. A nosa experiencia no Largo do Paço non respondeu ás expectativas previas; xa choveu; aínda andaba por alí Ricardo Costa; seica habería que darlle unha segunda oportunidade…
Nos comentarios ao post orixinal da lista do Mesa Marcada asoman con insistencia as extrañezas por non atopar o Ferrugem non Top10. Polo que vexo, é, quizá, o máis reivindicado.

Os_10_mesa_marcada_2013

O cadro de honra de restaurantes do norte de Portugal que aparecen no listado do Mesa Marcada en lugares significativos é:
8. The Yeatman (Vila Nova de Gaia)
10. Largo do Paço (Amarante)
11. Ferrugem (Portela-Vila Nova de Famalição)
14. DOP (Porto)
16. O Paparico (Porto)
18. Pedro Lemos (Porto)
19. São Gião (Moreira de Cónegos-Guimarães)
A lista está elaborada en base a puntos totais. Sen embargo o número de votos é un elemento que marca case tanto como os propios puntos. Os organizadores estiman en 7 votos (10% do total de votantes) o límite do realmente significativo.
Outros restaurantes do norte que están na lista con menos de 7 votos son: o DOC (Folgosa-Armamar), con 6 votos no lugar 26; o Palco (Hotel Teatro – Porto), con 5 votos; Foz Velha (Porto) e Shis (Porto), con 3 votos; Geadas (Bragança), Cafeína (Porto) e Ode Wine Hose (Porto), con 2 votos.
E con un só voto están: Del Rei (Quinta del Rei – Vizela) e Quarenta e Quatro (Matosinhos), 1 voto de 9 puntos. Vinum (VN Gaia), 7 puntos. Quinta do Prazo (Valença), 6 puntos. Flor de Sal (Mirandela) e O Rápido (Porto), 4 puntos. Casa de Pasto A Palmeira (Porto), Toca da Formiga (Ermesinde), Casa Inêz (Porto) e Cozinha da Terra (Louredo), 3 puntos. Adega de São Nicolau (Porto) e Arcoense (Braga), 2 puntos.
E xa por fin, cun só voto de 1 punto: Astória (Hotel Intercontinental – Porto), Delicatum (Braga) e Gaveto (Matosinhos)