davila restauración

Onte, para celebrar o san Pepe, comimos en Davila Restauración. Davila é un local relativamente moderno que nace da fusión de ideas entre un establecimiento do porto de Vigo moi ligado aos barcos de lecer, o Davila Sport Yacht Club, e o Ébano, restaurante de ampla e consolidada taxectoria na cidade. A idea era dar unha oferta gastronómica de calidade, dentro das instalacións do porto, para as persoas que chegaban a Vigo por vía marítima, preferentemente nos seus iates. A día de hoxe, e por motivos que descoñezo, Ébano xa non colabora no proxecto.
 Davila Restauracion 18   Davila Restauracion 2  Davila Restauracion 10 Davila Restauracion 7
Malia o horroroso do día e as fealdades do contorno máis próximo, a primeira impresión que recibo é a dun local fermoso, coidado, cálido, de estilo minimalista e acertados toques zen. Desde o comedor, a traves das enormes cristaleiras, e se somos quen de saltar os enormes depósitos de coches da Citroen, a comida sobre as vistas da ría de Vigo xustifican por si soas a visita.
A carta é ampla e variada, de cociña internacional con claras influencias mediterráneas e, ademais dos mariscos, algúns guiños á cociña galega; as referencias de viños algo limitadas, pero suficientes, e con propostas para todos os petos. Nós eramos seis e compartirmoDavila Restauracion 19 s tres primeiros: Queixo de rulo de cabra á parrilla con compota de cenoria e tomate, a Canastilla de croquetas caseiras con patacas palla e o Foie cun bouquet de ensalada e vinagreta de froitos secos. O mellor sen dúbida as croquetas de bacallao con pasas, finas e moi  saborosas. De segundos houbo dous arroces de lumbrigante, dous arroces de  bacallao pasas e xamón ibérico, e un entrecosto de boi con patacas fritidas e pementos, e un magret de pato con froitas de tempada e anacos de mazá ao Calvados. As carnes no seu punto, os arroces algo desaboridos, sen moita forza. De sobremesa destacaron os Cremosos de chocolate negro sobre galletas de avelá e salsa de mandarina, o puding de castañas con salsa de chocolate e un sorbete de mandarina ao vodka; será porque son un lambón, pero metín a culler en todos e todos resultaron impecables. Bebimos un Algueira e augas e refrescos variados, cafés, varios entretementos por conta da casa, total 240 euros.
 Davila Restauracion 22  Davila Restauracion 24 Davila Restauracion 23
O precio pareceume axustado pero, en xeral, o local non me convenceu ao cen por cen; a miña valoración sería aquela da que tanto gustan os americanos: OK, ou sexa, e como traduciríamos por aquí, ben, pero non dá para moito foguete… Boa calificación para o local e os detalles, tamén para as materias e a presentación en mesa; o máis que podo dicir das elaboracións é que non sorprenden, (quen a estas alturas pode sorprender cun rulo de queixo de cabra?), con bastantes altibaixos e, globalmente, só aceptable. A pesar de que pon interese e tenta amosarse amable, non podo pasar do regularciño para o servizo.
Paga a pena coñecelo pero á hora de repitir teño outras preferencias.

Davila Restauracion 30

Restaurante Davila Restauración
Enderezo: Peirao de Reparacións s/n
Localidade: Vigo (36208)
Teléfono: 986114446
E-e: reservas@davilabyebano.com
Web: www.davilabyebano.com
Tipo: Mercado
XPS: 42º 52′ 53.69″ N    8º 32′ 56.55″ W
Localización en Mapas de Google

Translate »