día d menos un

A piques de coller o coche para viaxar a Madrid. Estou que non caibo dentro de min. A ansiedade cómeme. Terei que largarme medio Trankimazín… Non, que hai que conducir…

EntradaDiverxo2

Pasado o susto inicial (Caro diario), entreteño as horas mergullando en Internet. Leo de todo pero non son quen de facerme unha idea. En que consiste iso dos ‘lenzos’? Que sabores imos atopar? Serán tan espectaculares as presentacións? É suficiente co menú curto ou haberá que ir a por todas?
Como será unha comida no Diverxo?
Nin sequera podo cunha aproximación.
Diferente, é o único que saco en limpo.
Pero, pagará a pena?
Espero que si, confío en que si, desexo que si.
Un fracaso sería como fracasar na miña propia vida gastronómica. É, posiblemente, a comida de toda unha vida de peregrinación detrás dun bocado diferente e saboroso. Non creo que caiga de novo na tentación destes prezos desorbitados.
Chegar á conclusión de que a comida de David Muñoz non vale o que pagas por ela faría tremelicar a base dunha boa parte das miñas conviccións.
Sería como admitir que todo é mentira, que o mundo da gastronomía moderna é falso, un invento de e para snobs, para moderniños de pouco pelo, só negocio, marketing, teatro, publicidade.
Fume a prezo de ouro.

David Muñoz

Espero que non, confío en que non, desexo que non sexa así.