cozinha da sé. braccara augusta

Primavera en Braga 2Onte Braga víase magnífica. Estaban a celebrar unha desas festas con desculpa histórica que hoxe abrollan como as papoulas en primavera.
Tratábase dunha festa romana pero en pouco se diferenciaba da medieval na que  estivemos a semana pasada en Vilagarcía. A mesma oferta de pulseiras de coiro, candeas aromáticas e doces supostamente de época. En concreto, as espadas de madeira para os máis cativos, eran as mesmas. Nin romanas nin medievais.
A primavera no casco vello de Braga estaba no seu máximo explendor.
Luis tenme a cabeza rota coa teoría de que os restaurantes portugueses souberon adaptarse á crise moito mellor que os españois. Estou con el. Hoxe aínda máis que onte. Os que non complementan a oferta con sesións de té e pastas ás 5, fanno abrindo pola noite como locais de copas.
Pero a estratexia máis contundente e efectiva para contrarrestar a crise económica é a de contención, ou mesmo rebaixa nos prezos.
Restaurante Cozinha da De Braga 1Restaurante Cozinha da De Braga 2 O Cozinha de Sé, está en Braga, na rúa D Frei Caetano Bradão, unha ruela no contorno da Catedral. É un local clásico en Braga, pequeno, non máis de dez mesas, pero agradable e embaucador. Mestura os materiais tradicionais, granito visto e madeira, con lámpadas de teito ultramodernas e unha exposición de fotos salpicadas polas paredes. E viño. As garrafas de viños está á vista e por todas partes, na barra, no chan, en andeis específicos, botelleiros…, mesmo nas paredes, simulando cadros con marcos rococó ao lado de detalles minimalistas.
A carta é unha mestura de cociña tradicional portuguesa con cociña internacional na que conviven diferentes preparacións de bacallao con, por exemplo, a peituga de polo recheada de queixo emental envolvido en xamón. A oferta de viños portugueses, como se desprende de comentarios anteriores, máis que significativa.
Chegamos sobre as dúas e cuarto e non tivemos problemas. Logo, ás tres, era imposible entrar; dobraron todas as mesas e poida que despois de marchar nós algunha chegase á terceira rolda.
No tocante aos horarios das comidas, teño a impresión de que os portugueses estanse a ‘españolizar’, perdendo aquel puntiño europeo que tiñan cos seus costumes á hora de sentar á mesa.

Restaurante Cozinha da De Braga 3Restaurante Cozinha da De Braga 5Restaurante Cozinha da De Braga 6Restaurante Cozinha da De Braga 17

Despois dos acepipes (quedamos unicamenta coa manteiga salgada, a broa e algo semellante a un paté de salpicón no que dominaban as variantes en vinagre) compartimos primeiro unha ración de arroz de rape con langostinos e logo as peitugas de polo. De sobremesa xelado con chocolate quente e torta de galletas (coas tortas de bolacha ocorre case como cos bacallaos, hai tantas receitas, e variacións sobre estas receitas que case poderíamos probar unha distinta cada día do ano). Unha botella pequena de Evel e dúas augas medianas. Servizo moi correcto; típico dos restaurantes de tipo medio e medio-alto: trato exquisito (ás veces abeirando o servilismo), pero con resposta cálida e próxima no caso de ti dáreslle pé.
O arroz, caldoso, impecable. Creo que poucas veces comimos un arroz portugués noRestaurante Cozinha da De Braga 13 que o fondo resultase tan saboroso como este, o rape perfectamente identificable, co picante xusto para aportar o seu toque sen molestar. As peitugas de polo creo que vou definilas como un prato de alta cociña clásica; moi ben desde este punto de vista, pero para min demasiado cociñadas e presentadas cun prebe semellante ao curry que enmascaraba todos os sabores. En todo caso Restaurante Cozinha da De Braga 15considero máis  un erro de elección pola nosa parte que unha eiva da cociña. A conclusión persoal é que a este modelo de local hai que ir a comer comida portuguesa e non meterse en florituras das que podemos saír escaldados. Sen dicir que o segundo estaba malo (simplemente non se axustou aos nosos gustos), creo que cambiándoo tería resultado unha comida perfecta.
O Cozinha da Sé de Braga basea a súa adaptación aos tempos de crise que corren no funcionamento como bar no que polas noites ofrecen música en directo. Ah!, e tamén no prezo. Sendo un local a cabalo de prestanza media-alta, por todo o mencionado pagamos corenta euros xustos.
Cocinha da Sé
Enderezo: Rúa D Frei Caetano Brandão 95
Localidade: Braga 4700  031
Teléfono: (351) 253 277 343
XPS: 08º 25’ 42” W 41º 33’ 00” N
E-e: info@cozinhadase.com
Web: Cozinha da Se
Guía BCBM: Mencionado


Translate »