cociña no corazón da arte – arte no corazón da cociña

O homem põe tanto do seu caráter e da sua individualidade nas invenções da cozinha, como nas da arte. (Eça de Queiroz). 
Restaurante Oficina: espectacular conxunción de arte e cociña.

Oficina

Houbo un tempo en que Marco Gomes era o noso cociñeiro fetiche no Porto. Falo, máis menos, de quince anos atrás e dun restaurante: o mítico Foz Velha, por un tempo, o noso preferido na Invicta (xunto co Shis e o Cafeína).
Nestes días Marco Gomes está a celebrar o segundo aniversario do seu novo proxecto: o restaurante Oficina.
(E para celebrar os dous anos de vida organiza unhas ceas a catro mans con catro dos máis destacados cociñeiros do panorama galego actual. O 27 de setembro cociñaron, man a man, Marco Gomes e Yayo Daporta; o 17 de outubro o invitado foi Pepe Solla; o 21 de novembro tocoulle a quenda a Javier Olleros; e, ollo!, aínda está por vir, o 12 deste mes de decembro, a participación de Pepe Vieira).

Restaurante Oficina Porto 02 2 Restaurante Oficina Porto 03 2

Oficina (termo utilizado en portugués para o que nós chamamos ‘taller’) ocupa un vello taller de reparación de automóbiles en pleno corazón do barrio das artes, no centro da rúa Miguel Bombarda, rodeado por todas partes de arte, de galerías, de deseño, de modernidade, de graffitis… de pura esencia do Porto máis actual.
O Oficina não pretende ser apenas mais um restaurante. Numa apropriação de Magritte, diria-se mesmo que o Oficina não é um restaurante. Pelo menos no sentido clássico e restritivo do termo. E não o é porque, na verdade, sendo também um restaurante, é muito mais que um restaurante… Entrar no Oficina será sempre um desafio. Porque este é o espaço destinado à afirmação de inovadoras propostas de arte contemporânea. Porque este será o espaço de consagração de propostas gastronómicas inovadoras, embora com profundas raízes nos saberes e nos sabores da tradicional cozinha portuguesa. (Romperdora declaración de intencións que podemos ler na páxina web do Oficina).

Restaurante Oficina Porto 07 Restaurante Oficina Porto 06 2

E, con esta filosofía, Oficina emerxe coma un local para ir a algo máis que a comer: é para ir a ver, e sentir, e deixarse levar, e gozar da comida e da arte. Espazo amplo e bonito, moi luminoso, moderno, acolledor. Espallados polo espazo, restos do vello garaxe, esculturas, algún cadro, unha árbore, moita botella á vista, as vigas de madeira do teito, os restos do soporte metálico da grúa…
Servizo profesional e próximo.
Carta moi atractiva na liña de Marco Gomes, cun aire de renovación (sen renunciar a algún dos seus pratos icónicos).
Entre os entrantes están o Ovo de foie-gras recheado com figo confeitado e areia de pistácio (14€), Favas estufadas com chouriço, ovo escalfado, tomate assado e queijo Terrincho curado (9€), Filetes de sardinha braseados, broa, azeitonas, mousse de pimento e falso caldo verde frio (11€) ou as Vieiras frescas coroadas, com ervilhas de quebrar, presunto crocante e pó de azeite (13€).
Pratos de peixe: Taco de atum laminado com terrina de legumes e molho oriental (22€) Taco de pescada fresca a baixa temperatura com a sua emulsão e saladinha de legumes (19€) ou o Filete de robalo do mar com risoto de ervilhas (21€).
Carnes: Carré de cordeiro com cuscos transmontanos, seleção de legumes e molho de menta (26€), Raviolis de pato no seu caldo com puré de alho negro e tomate (20€), a Codorniz recheada com alheira de caça, cogumelos e pudim de grelos (19€) ou os Medalhões de novilho maturado (de 200gr), com escalope de foie-gras, tarte de batata e molho de pimenta rosa (24€) ou em massa folhada com cogumelos e presunto ao molho de mostarda (22€).
Sobremesas: Delícia tépida de maça com gelado de maça assada, Tabuleiro de doces conventuais com sorvete de citrinos, ou as clásicas Texturas em torno do chocolate.

Durante a semana hai un menú de 19€ que é polo que nos decantamos.
Tres entrantes a elixir un, o prato principal está entre dúas carnes e dous peixes, e unha sobremesa entre tres.
Ademais, e por uns días, podemos degustar o menú que seleccionou Marco Gomes para participar na 10ª edición do concurso Gastronomía com vinho do Porto. Casualmente comemos a carón da mesa do xurado que está a valorar a proposta do Oficina (e de toda a parafernalia que isto conleva)
O menú semanal destes días está composto de:
Entrantes: Creme aveludado de ervilha, Ceviche de peixe branco com rabanete e maracujá ou Tarte de batata com presunto e ovo.

Restaurante Oficina Porto 10 2Restaurante Oficina Porto 16 2
A tarte de batata e o ceviche

Carnes: Vitela estufada com legumes e espuma de batata ou Peito de frango recheado com queijo cheddar e tomate seco, com arroz cremoso de cogumelos.
Peixes: Bacalhau à Brás ou Salmao na chapa com puré de aipo e selecçao de legumes.

Restaurante Oficina Porto 18 2Restaurante Oficina Porto 23 2
O salmón e o frango

Sobremesas: Mousse de manga, Bolo de húmido de chocolate e Laranja laminada.

Restaurante Oficina Porto 30 2Restaurante Oficina Porto 35 2
O bolo de chocolate e a mousse de manga

Seica un menú do día non é o mellor modelo para coñecer a carta dun restaurante. Pero si que pode resultar un método óptimo para adentrarse na trastenda dun cociñeiro; a súa filosofía de base, as técnicas, os conceptos, a selección e mimo dos produtos, as combinacións, a estética…
E todo isto foi o que re-descubrimos de Marco Gomes na nosa primeira visita ao Oficina na que renovamos a nosa predilección.

Diría que este novo proxecto de Marco Gomes está chamado a se converter nunha rutilante estrela no firmamento desta gran cidade que, a base de reinventarse cada día, ten unha importantísima oferta culinaria.

Por certo, para un fermoso percorrido visual polo Oficina, podedes pasar pola sesión fotográfica que lle dedica o blog La cocina es vida.

Oficina
Marco Gomes

Rua Miguel Bombarda 273
4050-377 Porto
351 220 165 807
351 936 712 384
reservas@oficinaporto.com
www.oficinaporto.com
Facebook
Cociña: creativa
Prezo: Menú diario 19.5€. Carta sobre 50€
Peche: domingo; luns ao mediodía


Translate »