cen por cen recomendable

Marta Valcarce (Me como Vigo), presentou unha selección de 15 restaurantes vigueses que ‘nunca fallan’.
Cinco da propia Marta, e dez (5 clásicos e 5 modernos) votados polas súas seguidoras.

Recomendados

Non é a primeira vez que lle roubo contidos a Marta.
Foi mítico o seu traballo sobre as tortillas de pataca en Vigo (Mi reino por una tortilla, My Kingdon for a tortilla).
É o referente imprescindible en Internet dos locais gastronómicos de Vigo.
Collo prestado, case textual, o título da entrada (Cen por cen recomendado), pero para dedicalo sen escrúpulos ao seu traballo: Me como Vigo é unha páxina cen por cen recomendable. Desde Como, logo existo recomendo encarecidamente a súa visita.

Me como Vigo, Marta Valcarce

100% recomendados: 15 lugares para comer en Vigo

O punto de partida é unha situación moi habitual que á maioría nos ten creado máis dun problema.
Que fas cando alguén che pide que lle recomendes un restaurante fiable en Vigo?
O primeiro, renegar dese alguén e do marrón no que te mete.
Con esta guía xa non perderás amizades por unha recomendación dubidosa.
Os requisitos para incluír un local na selección eran tres: que tiveses estado nel en máis dunha ocasión, que xamais recibises unha queixa del, e que che viñese á cabeza no primeiro momento, sen pensar, case como un acto reflexo.

Os imprescindibles de Marta

Casa Marco
O comodín infalible.
O máis votado.
O que mellor xoga coa relación calidade-prezo.
Rúa García Barbón 123. 36201, Vigo
986 225 110
Peche: domingo
Web   Facebook   Instagram

Amares Tapas e Peixes
O meu recurso acabado de estrear.
Cociña de lonxa presentada con elegancia.
Rúa Heraclio Botana 3. 36201, Vigo
986 313 012
Peche: domingo
Facebook

La Carpintería
A miña garantía en Bouzas.
Matrimonio perfecto entre a cociña vasca e galega.
Rúa Alfolíes 19. 36208, Vigo
986 123 103
Pechado: Luns; domingo noite
Web   Facebook   Instagram

Machina
O típico a pé de praia.
Comida tradicional galega de luxo e a bo prezo.
Rúa de Canido 181. 36390, Vigo
986 460 541
Pechado: Luns; domingo noite.
Facebook  Instagram

María Manuela
A miña terraza para homenaxes.
Cociña clásica, coidada, presentada con elegancia e a bo prezo.
Praza de Compostela 31. 36201, Vigo
986  050 424
Pechado: Luns; domingo noite
Facebook   Instagram

Os vigueses opinan: 5 opcións clásicas 100% recomendadas

Follas Novas
Cociña coidada de inspiración galega.
Rúa Serafín Avendaño 10, 36204,Vigo
986 229 306
Facebook   Instagram

Tapas Areal
Local entre restaurante e taberna moi resultón para un plan de viños e tapas.
Rúa México 36. 36204, Vigo
986 418 643
Web   Facebook

Casa Nisio
Casa de comidas con carta centrada nun produto do mar que namora.
Rúa Santa Tegra 42. 36207, Vigo
986 373 106
Web   Facebook

Bar Puerto
Peixes e mariscos procedentes do Porto de Vigo en elaboracións básicas.
Rúa República Arxentina 15. 36201, Vigo
986 222 044
Facebook

De Tapa en Cepa
A cabalo entre cociña tradicional e moderna, cociña creativa sobre sabores galegos.
Rúa Ecuador 18. 36203, Vigo
986 473 757
Web   Facebook

Os vigueses opinan: 5 opcións modernas 100% recomendadas

Niño Corvo
Cociña sen vergoña. Moito peixe do día, inspiracións asiáticas e estilo desenfadado.
Rúa San Francisco 13. 36202, Vigo.
986 115 064
A nosa visita
Facebook   Instagram

Othilio Bar
Cociña resultona e desenfadada con potencia de sabores sen pasarse de modernos.
Rúa Luís Taboada 9. 36201, Vigo
986 228 705
A nosa visita
Web   Facebook   Instagram

Malauva Wine Bar
Cociña moderna con ingrediente próximo e bodega na que o internacional pega forte forman unha parella inseparable.
Baixada á Fonte 12. 36202, Vigo
886 317 721
Facebook   Instagram

Morrofino Taberna
Cociña creativa e, ás veces, certos toques de cociña rueira e inspiración noutras terras.
Rúa Serafín Avendaño 4. 36201, Vigo
886 114 204
A nosa visita
Web   Facebook   Instagram

Casa Obdulia
O máis popular entre os vigueses dentro da cociña moderna.
Dous menús de degustación que son un espectáculo e toda unha homenaxe ao peixe.
(Para cando a súa estrela Michelín?)
986 452 630
A nosa visita
Facebook   Instagram


Translate »