casa portuguesa
Casa Portuguesa (Parrilla Umia). Vilanoviña 29, Vilanova de Arousa. 986715242. Local amplo, sen pretensións pero acolledor, terraza sobre o río. Típico acollemento portugués. Menú diario 12 euros: os mércores, cocido.
Para darlle unha festa ao corpo en Pontevedra e provincia.
Casa Portuguesa (Parrilla Umia). Vilanoviña 29, Vilanova de Arousa. 986715242. Local amplo, sen pretensións pero acolledor, terraza sobre o río. Típico acollemento portugués. Menú diario 12 euros: os mércores, cocido.
Casa Marco. García Barbón 123, Vigo. +34986225110. Un clásico polo que non pasan os anos. O Clásico. Cociña tradicional que coida os detalles. Éxito garantido. Moi destacable relación calidade prezo.
Casa Rosal, Laxe 22, Lores, Meaño (Pontevedra). 637570085. Cociña tradicional, diversos ambientes, menú do día, tapas, cocido domingos, e todo a un prezo que tira a barato.
Churrasquería Choles, Camiño Chan das Pipas 4, Vilar de Infesta, Redondela, 986403162. Cociá caseira. Durante a semana, menú do día. Hoxe, mércores, un bo cocido como prato principal; 12€ o menú completo.
churrasquería choles Ler máis »
Taberna A Mina. Rúa San Vicente, 8, Vigo. 886312488. Esencia pura de taberna tradicional galega. Tapas e racións. Os mércores serve un fantástico e xa clásico cocido por 16 euros.